Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

21 de junio de 2019

Servizo especial de autobuses

Haberá oito liñas de bus que sairán dende a Praza de Pontevedra cada 15 minutos até as 02.30 horas

Durante a noite de San Xoán haberá un servizo especial de autobuses aos barrios "para disuadir do uso dos vehículos particulares ata o centro da cidade", que se completará co percorrido habitual do Búho.

Desde a praza de Pontevedra haberá oito liñas de bus que sairán cada 15 minutos ata as 02.30 horas e que manterán os números habituais para que sexa máis fácil identificalas. Serán a liña 1, 1A, 3, 6, 7, 11, 21 e 3A, que terá un percorrido circular entre a praza Pontevedra e Monte Alto.

A partir das 03.00 horas comezará o servizo do Búho, con saídas ás horas en punto, que seguirán os itinerarios habituais, e ás e media, que o farán no sentido inverso, indo polos Castros e cara a Castrillón. A última saída será ás 06.00 horas.

Liña 1: saída de praza de Pontevedra, incorporándose en praza de Ourense ao seu itinerario habitual. Circulará pola avenida de Oza en lugar de facelo pola avenida do Exército. Desta forma prestarase servizo á Gaiteira, Os Castros e Castrillón, baixando pola avenida de Monelos.

Liña 1A: saída de praza de Pontevedra, incorporándose en praza de Ourense ao seu itinerario habitual. Con este servizo atenderase á zona de Salvador de Madariaga, Paxariñas, Matogrande, Barrio das Flores, Eirís, aínda que a este último barrio subirase se hai usuarios que o demanden; en caso contrario baixará por Monelos para retornar á praza de Pontevedra.

Liña 3: prestará servizo desde praza de Pontevedra aos Rosais seguindo o seu itinerario habitual no devandito tramo, atendendo a Cidade Escolar, Labañou, Os Rosais e San Pedro de Visma.

Liña 6: de praza de Pontevedra a Meicende, prestando servizo ás zonas de Paseo das Pontes-Santa Margarida, parte alta da Sagrada Familia, Agra do Orzán e Ventorrillo, na súa parte máis próxima á avenida de Fisterra, continuando pola Moura ata Meicende.

Liña 7: de Praza de Pontevedra ao Ventorrillo atendendo a Peruleiro, Rolda de Outeiro, Agra do Orzán e toda a contorna de Villa de Negreira.

Liña 11: de praza de Pontevedra aos Mallos. Prestará servizo a Pla y Cancela, contorna de Rolda de Nelle, Mallos, Vioño e parte baixa da Sagrada Familia.

Liña 21: de praza de Pontevedra a Novo Mesoiro, prestando servizo á contorna de Catro Camiños-Corte Inglés, Segunda Fase de Elviña, Pablo Picasso, Birloque, Martinete, Mesoiro e Novo Mesoiro.

Circular Cidade Vella-Monte Alto (3A): de praza de Pontevedra a Monte Alto, prestará servizo co seguinte itinerario: praza de Pontevedra, San Andrés, Santa Catalina, Cantóns, Porta Real, Parrote, Maestranza, Orillamar, avenida de Navarra, Santo Tomás, mercado de Hércules, avenida de Hércules, rúa da Torre, Campo da Leña, San Andrés, praza Pontevedra.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?