Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Certificado de usuario non válido

Que é un Certificado electrónico?

A causa que con maior frecuencia produce este erro é que o servizo do Concello da Coruña ao que está accedendo require identificación da persoa solicitante con certificado dixital. Para isto necesítase ter correctamente instalado un certificado electrónico ou ben ter inserido o DNI electrónico.

Un Certificado electrónico emitido e asinado por unha entidade con capacidade para iso e que serve para identificar unha persoa.

A esa entidade adóitaselle chamar de diferentes formas como: Autoridade de Certificación, Prestador de Servizos de Certificación.

Tal documento identifica unha persoa física ou xurídica e unha clave pública que se lle asignou para poder realizar procesos de firma e/ou cifrado. Cada certificado está identificado por un número de serie único e ten un período de validez que está incluído no certificado.

Dun modo máis formal, segundo a Lei de sinatura electrónica 59/2003, un certificado electrónico é un documento asinado electronicamente por un prestador de servizos de certificación que vincula uns datos de verificación de sinatura (clave pública) a un asinante e confirma a súa identidade.

Como comprobo que teño instalado un certificado?

O certificado non é outra cousa que un conxunto de datos cuxa representación pode verse do seguinte xeito:

  • Internet Explorer: Acceder ao menú "Ferramentas", "Opcións de Internet," unha vez alí seleccionaremos a pestana "Contido". No apartado de certificados pulsaremos o botón de Certificados e unha vez na ventá pulsaremos a pestana Persoal. Aquí móstrasenos unha pantalla coa relación de certificados persoais instalados no noso navegador.
  • Mozilla Firefox: Acceder ao menú "Ferramentas" e escoller "Opcións". Unha vez alí seleccionaremos a pestana "Avanzado" e dentro dela "Cifrado". Pulsamos no botón "Ver certificados" e mostraránsenos os nosos certificados na pestana "Os seus certificados".
  • Google Chrome: Abrimos o menú de opcións e seleccionamos "Configuración". Ao final pulsamos no enlace "Mostrar opcións avanzadas". Unha vez mostradas pulsamos o botón "Administrar cerfificados...". Veremos os certificados instalados na pestana "Persoal".

Que certificados electrónicos podo usar nos servizos públicos dixitais do Concello da Coruña?

Actualmente os servizos públicos dixitais do Concello da Coruña admiten os seguintes tipos de certificados electrónicos.

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?