Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Preguntas frecuentes sobre a migración de corunamail

Nesta páxina poderás atopar as dúbidas máis frecuentes que che poden xurdir sobre a migración do servizo de Corunamail.

Que debo facer para recibir os correos que actualmente recibo no meu enderezo de corunamail no novo enderezo de correo habitual?

Para recibir os correos que envíen ao teu enderezo de corunamail no teu xestor de correo habitual (gmail, outlook ou o que prefiras) só tes que cubrir o formulario Migrar a miña conta de correo cos datos que recibises por correo na túa conta de corunamail. Ao cabo duns días recibirás un correo avisándote de que a partir de entón xa recibirás os correos sempre na túa nova conta.

Lembra que unha vez que se active a redirección xa non recibirás os correos en corunamail senón no novo enderezo que indicases.

Como podo configurar o meu xestor de correo habitual para enviar co meu enderezo de corunamail?

Poderás seguir enviando os correos como se o fixeses coa túa conta de corunamail. Para iso terás que realizar algúns pasos que son diferentes segundo o xestor de correo que vaias utilizar. A continuación describímosche como se fai nos máis habituais:

Que ocorre cos correos que teño na miña bandexa de corunamail recibidos antes de que se activase a redirección?

Lembra que unha vez que se active a redirección xa non recibirás os correos en corunamail senón no novo enderezo que indicases. Dependendo do xestor que utilices ou do novo enderezo de correo que especificases poderás descargar todos os correos mediante o protocolo POP. Para iso necesitarás coñecer estes datos:

  • Nome da persoa usuaria: O nome do/a usuario/a que debes de utilizar é a túa conta de correo pero sen o .com final. Por exemplo se a túa conta de correo é pepito@corunamail.com o nome de persoa usuaria que debes usar é pepito@corunamail
  • Servidor POP; Pon o valor ara.coruna.es
  • Número de porto: Elixe a opción 995
  • Usar SSL/Protocolo seguro: Marca sempre a opción de SSL que che ofreza o teu xestor de correo.

Por exemplo en GMail os pasos para seguir son estes:

  • En GMail tes arriba á dereita unha icona dunha roda dentada. Preme nela e elixe "Configuración"
  • Preme na pestana Contas e importación ou Contas.
  • Na segunda sección, preme en Importar correo e contactos.
  • Sigue os pasos que se indican en pantalla usando os valores que che acabamos de indicar.
  • Preme en Comezar importación.

No caso de que a túa nova conta de correo non permita importar as mensaxes tes a opción de reenvialas a ela. Este método funcionará sempre independentemente do teu novo enderezo de correo.

Como podo exportar os meus contactos de correo que teño en corunamail?

Os contactos da túa axenda de enderezos expórtanse no formato vCard.

  1. Selecciona a "Axenda de enderezos" desde a barra superior ou premendo nesta ligazón.

  2. Preme na icona con frecha verde cara abaixo na barra de ferramentas superior que significa "Exportar".

  3. Elixe onde desexas gardar o arquivo .vcf exportado se cho pide, senón comproba na carpeta "Descargas" que se creou un arquivo chamado "contacts.vcf".

Unha vez que teñas o ficheiro exportado poderás usar o teu xestor de correo habitual para engadir eses contactos ao teu caderno de enderezos. Por exemplo se usas GMail abonda con que accedas a esta ligazón e uses a opción "importar contactos" que hai no menú da esquerda.

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?