Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Configurar GMAIL para enviar como corunamail.com

Google ten unha política moi estrita de seguridade polo que nos vai esixir que teñamos activadas certas opcións de seguridade na nosa conta para poder enviar correos co enderezo de corunamail.com.

1. Ter activada a identificacion en dous pasos

Ao habilitar a verificación en dous pasos (tamén coñecida como "autenticación de dous factores"), engádese unha capa de seguridade adicional á conta. Desta maneira, inicias sesión cun dato que coñeces (o teu contrasinal) e cun dato que tes (un código que recibes no teu teléfono).

Se non a tes xa activada, consulta nesta páxina de Google como facelo: Activar a verificación en dous pasos

2. Xerar un contrasinal de aplicación

Un contrasinal de aplicación é un código de acceso de 16 díxitos que dá permiso a unha aplicación ou a un dispositivo para acceder á túa conta de Google.

  1. Accede á páxina Contrasinais de aplicación. É posible que se che solicite que inicies sesión na túa conta de Google.
  2. Preme en Seleccionar aplicación e elixe a aplicación que esteas a utilizar.
  3. Preme en Seleccionar dispositivo e elixe o dispositivo que utilices.
  4. Selecciona Xerar.
  5. Sigue as instrucións para introducir o contrasinal de aplicación (o código de 16 caracteres da barra amarela) no teu dispositivo.
  6. Selecciona Listo.

Unha vez que terminases, non volverás ver ese contrasinal de aplicación. Con todo, mostrarase unha lista das aplicacións e os dispositivos para os que xeraches contrasinais de aplicación.

Para máis información sobre os contrasinais de aplicación consulta a axuda de Google nesta páxina: Iniciar sesión mediante contrasinais de aplicación

Acceso á configuración de GMail

Acceso á configuración de GMail

3. Configurar GMail para enviar correos desde outros enderezos ou alias

  • Abre Gmail no ordenador.
  • Arriba á dereita, preme na icona da roda dentada e dentro en "Configuración".
  • Preme na pestana "Contas e importación".
  • Na sección "Enviar correo como", preme en Engadir outro enderezo de correo electrónico.
  • Introduce o teu nome e o teu enderezo de corunamail.
  • Preme en Seguinte paso.
Configuración do servidor SMTP

Configuración do servidor SMTP

  • Introduce no servidor SMTP o valor smtp.gmail.com, no nome de usuario ao teu enderezo de GMail e no contrasinal o contrasinal de aplicación que obtiveses no paso anterior.
  • Preme en Engadir conta.
  • Confirmar o enderezo. Para iso inicia sesión en corunamail, abre a mensaxe de confirmación de Gmail que terás recibido e preme na ligazón.

Para máis información sobre como enviar correos podes consultar esta páxina de axuda de Google: Enviar correos desde outros enderezos ou alias

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?