Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Observatorio urbano

 

O Observatorio Urbano da Coruña é unha ferramenta de traballo dinámica, xeradora de información continua sobre a cidade; un centro de información estatística e un instrumento de visión e planificación urbana futura.

O seu obxectivo é solicitar, organizar, concentrar, validar e facilitar a información estatística que xeren os diversos programas e proxectos de xestión municipal, así como outras fontes externas que resulten de interese con datos representativos da cidade.

Esta ferramenta permite un maior coñecemento da realidade social, económica e ambiental do municipio herculino, ademais de ser útil para a Administración local na súa planificación e posibilitar a detección anticipada das necesidades e demandas emerxentes dos distritos.

A información está estruturada nas seguintes áreas temáticas:

  • Demografía
  • Medio ambiente
  • Transporte e mobilidade
  • Espazo urbano
  • Economía
  • Emprego
  • Vivenda
  • Educación
  • Sanidade e saúde
  • Benestar social
  • Cultura e deporte
  • Seguridade cidadá
  • Participación cidadá

 

O municipio da Coruña está dividido en dez distritos censuais que, á súa vez, se subdividen en seccións censuais. A información de tipo inframunicipal que dispón o Observatorio Urbano refírese a esta división que se pode consultar en liña ou a través do seguinte enlace:

Plano do municipio da Coruña dividido en distritos e seccións censuais (5MB)

 

Acceder á información opendata do Observatorio urbano

Pregunta ao Observatorio urbano

Se queres realizar algún tipo de consulta sobre datos estatísticos, cubre o seguinte formulario:

* Campos obrigatorios

A seguinte pregunta é necesaria para evitar envíos masivos deste formulario

De conformidade co establecido no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, infórmase de que os datos de carácter persoal declarados polo interesado pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado, cuxo responsable de tratamento será o Concello da Coruña, e cuxas finalidades e usos previstos serán os seguintes: Xestión de datos de identificación e contacto de cidadáns que solicitan algún tipo de información ou documentación ao Concello a través do portal web municipal. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados nestes ficheiros poderanse exercer ante o Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Pza. María Pita, número 1), nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da citada Lei orgánica 15/1999.

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?