Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Ayuntamiento de A Coruña/Concello da Coruña

Cidade refuxio

Unha crise humanitaria está a ter lugar nas fronteiras europeas. Milleiros de persoas piden refuxio ante a difícil situación que están a vivir nos seus países de orixe.

A sociedade civil, adiantándose ás institucións que teñen competencias nesta materia, demanda unha solución solidaria e digna a esta situación, no que se deu en chamar a "rede de cidades refuxio". A través dun chamado do Concello de Barcelona fóronse sumando multitude de cidades e vilas ao longo do territorio estatal. Entre elas atópase A Coruña.

A Rede canalizará esta demanda da cidadanía, que unha vez máis vai por diante dos tempos das institucións, disposta a xuntar esforzos e recursos dispoñibles para colaborar activamente no acollemento de persoas

A Coruña como cidade acolledora

A Declaración Universal de Dereitos Humanos recolle no seu artigo 14 “En caso de persecución, toda persoa ten dereito a buscar asilo, e a gozar del en calquera país”.

A cidade da Coruña reacciona solidariamente ante esta crise humanitaria, pero convertela nunha cidade acolledora vai mais aló. Desde o Concello queremos deseñar programas e ferramentas que fagan da cidade un exemplo de cidade acolledora, tanto en situación de emerxencia urxente como a medio e longo prazo.

A nosa obriga como institución é xestionar esta vaga solidaria que xurdiu da veciñanza coruñesa, polo que o Concello comprométese a acoller o continxente de persoas refuxiadas que corresponda, coordinándonos coas institucións públicas con competencia na materia e coas entidades que levan anos traballando no territorio.

O Concello da Coruña programará accións a medio e longo prazo para que estas persoas, así como outras que xa teñen feitas solicitudes de asilo e refuxio, e aquelas que xa son veciñas de feito da Coruña e que se atopan con barreiras integradoras, poidan incorporarse tamén como membros de pleno dereito na cidade. Son aquelas persoas que deben ser acollidas porque veñen doutros lugares fuxindo da pobreza, guerras, feminicidio, odio por razón de orientación sexual, ou aquelas que viven en asentamentos precarios ou baixo limiares de pobreza extrema.

Como pode colaborar a cidadanía e as entidades?

O Concello da Coruña artellará a coordinación da acollida. Nestes intres estamos analizando os recursos dos que poderemos dispoñer, grazas ao traballo en rede con entidades sociais e benéficas da cidade, para facer xuntas e xuntos unha recepción e acollemento en condicións dignas.

Para a veciñanza da Coruña que queira colaborar, a nivel particular, o Concello ofrécese como ferramenta para canalizar as colaboracións e coordinar as accións coas institucións con competencias na materia. Deste xeito pon á disposición da cidadanía un formulario para achegar os seus ofrecementos e así sistematizar do xeito máis eficiente esta vaga de solidariedade que chega por diferentes vías.

Entre todas e todos faremos da Coruña, con orgullo, unha cidade acolledora.

.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?