Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Subvencións e axudas

Resultados: 196

  • Convocatoria de subvencións do Excmo. Concello da Coruña, en réxime de concorrencia competitiva para asociacións sen ánimo de lucro en materia de cultura e educación ambiental (Ref 312017001-Subvencións)

    Obxecto:

    É obxecto desta convocatoria outorgar subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o financiamento de actividades de promoción da cultura ambiental e de autogestión da cidadanía para o desenvolvemento sustentable. As actividades deben estar encadradas nas prioridades temáticas que se describen máis adiante, ter un carácter complementario respecto dos programas municipais e ser realizadas por asociacións sen ánimo de lucro.

    As actividades que teñen cabida nesta convocatoria son as desenvolvidas entre o 1 de xullo e o 31 de decembro de 2017. Cada entidade solicitante poderá presentar como máximo un proxecto ou actividade

    Os proxectos presentados deberán ter relación con algunha destas dúas liñas temáticas:

    1.- Cambios culturais para un novo modelo de xestión de residuos: "residuo cero e economía circular".

    Terán cabida na presente convocatoria, entre outros, as actividades de divulgación e promoción que profunden na perspectiva do "residuo cero" e a economía circular, incentivando a redución do lixo, a pertinente separación en orixe das diferentes fraccións e a súa reutilización/valorización. Tamén poderán propoñerse proxectos innovadores que profunden promoción e divulgación dos obxectivos de separación e o tratamento da materia orgánica vía compostaxe nas súas diversas formas, de redución e acomodado manexo dos residuos durante festas, eventos e actividades colectivas na vía pública e de correcta xestión de residuos que actualmente van parar ao mar

    2.- Creación dunha cultura urbana centrada na posta en valor dos procesos de naturalización urbana e preservación da biodiversidade.

    Sen excluír calquera outra iniciativa que redunde na mellora, conservación e coñecemento da natureza na cidade, a convocatoria está orientada a actividades que teñan que ver co fomento dunha cultura que poña en valor a renaturalización e o fomento da biodiversidade nos espazos urbanos (especies invasoras, aborado na contorna urbana, hábitats urbanos, etc.).

    Para calquera das dúas liñas temáticas poderán presentarse exclusivamente propostas de actividades culturais, formativas e educativas, eventos, procesos participativos, talleres, cursos, conferencias, debates ou calquera outro formato que se considere oportuno. Especial interese teñen ás propostas de realización de audiovisuais e vídeos virales que se podan difundir gratuíta e facilmente grazas ás novas tecnoloxías.

    As propostas deberán ser útiles para toda a cidadanía da Coruña e fomentar a súa participación coa finalidade de fomentar cambios culturais vinculados a percepción do medio natural urbano e a unha xestión responsable dos residuos urbanos e da limpeza viaria. Non será preciso ser membro da asociación ou agrupación solicitante para poder participar na execución das actividades subvencionadas.

    Quedan excluídos os eventos festivos que se organicen para góceo privado e non público, así como as actividades que produzan calquera tipo de lucro. As actividades subvencionadas serán por tanto gratuítas

    Remuneración/Dotación:

    Contía total: 40.000,00 €.

    O importe máximo do orzamento susceptible de ser subvencionado polo Concello da Coruña pode alcanzar o 100% do importe total da actividade.

  • Convocatoria subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas a entidades privadas sen ánimo de lucro e de carácter empresarial con sede no termo municipal da Coruña, que desenvolvan proxectos de promoción económica

    Inscricións:

    Dende o 01/10/2016 ata o 24/10/2016

    Obxecto:

    É obxecto desta convocatoria outorgar subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para apoiar economicamente as entidades na realización de accións, no ámbito do municipio, que contribúan á incorporación de tecnoloxía innovadora nas micro e pequenas empresas, á expansión internacional das mesmas e ao fomento e estímulo da economía social, de acordo con criterios obxectivos que ponderen a relevancia e coherencia.

    Para o mellor desenvolvemento do seu labor, establécense tres tipos de liñas subvencionables dentro da presente convocatoria:

    Liña 1: Innovación.

    O obxecto desta liña é a de fomentar a incorporación ou desenvolvemento de tecnoloxía innovadora que favoreza o crecemento, a adecuación a novos mercados e/ou a mellora da posición competitiva das empresas, con sede no municipio.

    Liña 2: Internacionalización.

    O obxecto desta liña é a de apoiar a realización de actividades e o desenvolvemento de iniciativas que incentiven a promoción exterior das micro e pequenas empresas a través de accións ou proxectos como poden ser:

    • Asesoramento técnico especializado de apoio á expansión internacional

    • Accións de difusión de oportunidades de negocio

    • Sesións de contacto con mercados internacionais

    • Ferramentas de xestión, formación e información que faciliten o proceso de expansión tanto para incorporarse a novos mercados como para consolidarse.

    Liña 3: Fomento, estímulo e mellora da competitividade das entidades de economía social

    O obxecto desta liña é a de poñer en valor este sector económico apoiando aquelas entidades que desenvolven accións, actividades ou proxectos que estimulen a economía social como modelo de desenvolvemento económico e social equilibrado e sustentable a través de accións ou proxectos como poden ser:

    • Accións de difusión e promoción das formas empresariais e sociais da economía social

    • Accións de impulso do I+D+I nas empresas de economía social

    • Accións de asistencia técnica para a constitución das entidades de economía social

    Poderase solicitar subvención para unha ou varias liñas subvencionables nunha única solicitude, sempre que indique a entidade interesada cada actividade de forma independente e por orde de preferencia.

    No caso de presentar solicitude para máis dunha liña, programa ou actividade, a entidade solicitante deberá presentar memoria e orzamento de ingresos e gastos para cada unha delas.

    Remuneración/Dotación:

    No orzamento xeral do Concello da Coruña para o exercicio 2016 figura crédito a través do cal serán atendidas as solicitudes de axudas previstas na convocatoria e que se poidan outorgar no ano 2016.

    As axudas, no ámbito do desenvolvemento económico e da dinamización e mellora do noso tecido produtivo, faranse efectivas na aplicación orzamentaria 60.433.48900 denominada "transferencias correntes a familias e institucións sen ánimo de lucro" do orzamento xeral para o exercicio económico 2016, por un importe global de 100.000 euros.

    A contía establecida poderá ser incrementada por resolución do órgano competente logo da previa tramitación do expediente de modificación de crédito.

  • Convocatoria de rehabilitación de elementos comúns en núcleos tradicionais

    Inscricións:

    Dende o 01/10/2016 ata o 18/10/2016

    Obxecto:

    O obxecto desta convocatoria é conceder subvencións para a execución de obras de rehabilitación en vivendas nos núcleos tradicionais determinados polo plan, segundo o previsto no anexo de investimentos do orzamento municipal de 2016, delimitados no anexo I desta convocatoria como núcleos tradicionais.

    As actuacións subvencionables son as que cumpran cos requisitos establecidos no artigo 88 da Ordenanza municipal de conservación e rehabilitación de inmobles. As obras deberanse iniciar tras a publicación desta convocatoria, ou ben estar iniciadas con data posterior ao 1 de xaneiro de 2016, sempre que se acredite o estado do inmoble antes do seu inicio, debido á imposibilidade de solicitar as subvencións ata a aprobación definitiva do orzamento municipal do 2016.

    Remuneración/Dotación:

    350.000,00.- €, con cargo ao orzamento municipal de 2016 en vigor, aplicación 30.1522.78001, con código de proxecto 2016 4 30 24. Aplicarase á concesión destas axudas calquera incremento futuro da devandita aplicación.

  • Convocatoria subvencións dinamización comercio barrios

    Obxecto:

    A finalidade das subvencións é apoiar economicamente as entidades na realización de accións, no ámbito municipal, que contribúan á mellora, modernización e dinamización do comercio de barrio. Serán accións xa realizadas ou por realizar durante o exercicio económico 2017 (entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro).

    Remuneración/Dotación:

    126.500 euros con cargo á aplicación orzamentaria 60 430 489.00

  • CONVOCATORIA SUBVENCIONES PARA PROXECTOS DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

    Obxecto:

    É obxecto desta convocatoria outorgar subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para apoiar a entidades privadas sen ánimo de lucro, e de carácter empresarial, que desenvolvan proxectos de promoción económica no ano 2017, que promova a innovación na economía local a través do coñecemento como factor de competitividade e ao desenvolvemento dun modelo económico respectuoso co medio ambiente, que afiance o enfoque da economía circular, así como a súa contribución a unha cidade sustentable e con calidade de vida.

    Para o mellor desenvolvemento do seu labor, establécense tres tipos de liñas subvencionables dentro da presente convocatoria:

    Liña 1: Innovación.

    O obxecto desta liña é a de fomentar a incorporación ou desenvolvemento de elementos innovadores que favoreza o crecemento, a adecuación a novos mercados e/ou a mellora da posición competitiva das empresas, con sede no municipio.

    Liña 2: Internacionalización.

    O obxecto desta liña é a de apoiar a realización de actividades e o desenvolvemento de iniciativas que incentiven a promoción exterior das micro e pequenas empresas a través de accións ou proxectos como poden ser:

    • Asesoramento técnico especializado de apoio á expansión internacional

    • Accións de difusión de oportunidades de negocio

    • Sesións de contacto con mercados internacionais

    • Ferramentas de xestión, formación e información que faciliten o proceso de expansión tanto para incorporarse a novos mercados como para consolidarse.

    Liña 3: Fomento, estímulo e mellora da competitividade das entidades de economía social.

    O obxecto desta liña é a de poñer en valor este sector económico apoiando a aquelas entidades que desenvolven accións, actividades ou proxectos que estimulen a economía social como modelo de desenvolvemento económico e social equilibrado e sustentable a través de accións ou proxectos como poden ser:

    • Accións de difusión e promoción das formas empresariais e sociais da economía social.

    • Accións de impulso delI+D+I nas empresas de economía social.

    • Accións de asistencia técnica para a constitución das entidades de economía social.

      Poderá solicitarse subvención para unha ou varias liñas subvencionables nunha única solicitude, sempre que se indique, pola entidade interesada, cada actividade de forma independente e por orde de preferencia.

    No caso de presentar solicitude para máis dunha liña, programa ou actividade, a entidade solicitante deberá presentar memoria e orzamento de ingresos e gastos para cada unha delas

    Remuneración/Dotación:

    50.000 euros

  • Convenio Universiadade da Coruña para a realización dun estudo de prospección en sectores xeradores de emprego

    Obxecto:

    O presente convenio ten por obxecto contribuír á execución do proxecto de elaboración dun estudo de prospección en sectores xeradores de emprego da cidade e a súa área metropolitana que pretende realizar a Universidade da Coruña.

    Este estudo desenvolverase a través do Observatorio Ocupacional da Universidade da Coruña; este servizo da UDC que conta cunha grande experiencia e preparación no deseño, control e explotación de bases de datos para a prospección das necesidades de emprego das empresas que desenvolven a súa actividade na área xeográfica da cidade da Coruña e a súa área metropolitana.

    Doutra banda, o Observatorio Ocupacional dispón nas súas instalacións da necesaria infraestrutura ofimática e telemática para o bo desenvolvemento do estudo mencionado.

    O estudo ten por finalidade conseguir os seguintes obxectivos:

    1. Determinar cuantitativamente as necesidades de novos traballadores/as nos sectores TIC e Loxística:

      1. necesidades de nova man de obra a curto prazo

      2. necesidades de nova man de obra a medio prazo

    2. Determinar cualitativamente as necesidades de novos traballadores/as nos sectores TIC e Loxística:

      1. formación académica requirida

      2. competencias xenéricas requiridas

      3. competencias específicas- técnicas-requiridas

      4. externalización na xestión da oferta de emprego (uso de axencias públicas/privadas de emprego ou outros medios-internet etc.)

        2.5 relación coa Universidade en temas de prácticas/ofertas de emprego

    1. Aproximar a actual estrutura da empresa a nivel de produción

      3.1. Variables de control: número de traballadores/as, persoal por xénero, localización, actividade exportadora, inclusión en clústeres etc.

      3.2. Medios tecnolóxicos utilizados

      3.3. Perspectivas de futuro

    Con estes obxectivos a UDC a través do equipo de investigación do Observatorio Ocupacional, dirixidos pola súa investigadora principal Da. María Jesús Freire Seoane, procederá á execución do estudo prospección en sectores xeradores de emprego da cidade e a súa área metropolitana.

    Remuneración/Dotación:

    25.000,00 €

  • Convenio Universidade da Coruña para o fomento do deporte 2016

    Obxecto:

    O obxecto do presente convenio é de articular o uso das instalacións deportivas das cales son titulares ambas as entidades, co fin de buscarlle o máximo aproveitamento dos recursos materiais e humanos en beneficio da práctica deportiva

    Remuneración/Dotación:

    37.000,00 €

  • Convenio Universidade de Santiago de Compostela actividades dirixidas ao alumnado de altas capacidades destinado á consecución dos seguintes obxectivos: mellora das capacidades e competencias do alumnado que presenta particulares necesidades educativas

    Obxecto:

    O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e a USC, coa finalidade de contribuír á realización de actividades dirixidas ao alumnado de altas capacidades destinadas á consecución dos seguintes obxectivos: mellora de capacidades e competencias do alumnado que presenta estas particulares necesidades educativas durante o exercicio 2016

    Remuneración/Dotación:

    5.000,00 €

  • Convenio Universidade Internacional Menéndez Pelayo para financiar gastos ordinarios derivados da actividade da entidade

    Obxecto:

    O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo, coa finalidade de contribuír ao sostemento dos gastos ordinarios derivados das actividades desenvolvidas pola entidade, que se desenvolverá durante o exercicio 2016.

    Remuneración/Dotación:

    9.600,00 €

  • Convenio Unión Xeral de Traballadores para realizar dous cursos de limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais

    Obxecto:

    O presente convenio ten por obxecto contribuír á execución de dous "cursos de limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais" que pretende realizar a UXT.

    Estes cursos desenvolveranse en instalacións da entidade, habilitadas para a impartición de formación profesional ocupacional e regulada, a través das que, a entidade conta cunha grande experiencia e preparación no deseño e desenvolvemento deste tipo de formación.

    O curso ten as seguintes características e obxectivos:

    Trátase dun curso de formación e capacitación profesional para o sector da limpeza, consistente na impartición dun curso de formación ocupacional que habilite as persoas participantes para a limpeza, tratamento e mantemento de superficies e mobiliario en edificios e locais, con especial incidencia na limpeza de chans, paredes, teitos e cristais incluíndo técnicas e procedementos de limpeza con maquinaria.

    Cada curso ten unha duración aproximada de 249 horas teórico - prácticas, para desenvolver nos meses de setembro a decembro de 2016, e o alumnado beneficiario desta formación son un máximo de 15 persoas desempregadas.

    En relación coas prácticas, a entidade beneficiaria presentará unha proposta de empresas ou institucións nas que se desenvolverán estas, antes de que transcorra o 25% das horas de formación específica, que en todo caso, deberá ser aprobada polo equipo técnico do Concello.

    Os módulos de prácticas profesionais deberanse formalizar a través de convenios de colaboración entre a entidade beneficiaria e a/as empresas de prácticas, estes convenios supoñerán, en todo caso, a cooperación voluntaria do empresariado.

    Remuneración/Dotación:

    28.661,95 €

Resultados: 196

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?