Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Axudas para situacións de emerxencia social

En que consiste?:

As axudas económicas de emerxencia social son aquelas tendentes a paliar situacións extraordinarias de necesidade relativas á vivenda, atención sanitaria, instrución, alimentación e vestido e outras de natureza análoga, non cubertas polos diferentes sistemas de protección.

Onde se fai?:

A persoa interesada deberá dirixirse aos Servizos Sociais Municipais (Rúa Verea do Polvorín núm 4) onde un traballador social daralle cita para unha entrevista persoal.

Unha ver reunida toda a documentación xunta coa proposta de resolución municipal dirixirase á delegación da Consellaría de Asuntos Sociais da Xunta de Galicia (delegación: rúa Concepción Arenal núm. 7-9), quen concederá ou non a axuda.

Enderezo:

Rúa Vereda del Polvorín 4. La Coruña

Teléfono:

981 184 370

981 288 188

Presencial

Que se necesita?:

REQUISITOS:

  1. Ser maior de idade.
  2. Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Ter constituída unha unidade de convivencia independente.
  4. Non dispor de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación de emerxencia.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  1. Solicitude normalizada.
  2. Fotocopia do DNI da persoa solicitante e dos maiores de 14 anos que convivan con ela. No caso de ser estranxeira comunitaria, o cartón comunitario ou o pasaporte; no suposto de ser extracomunitario se sixirase o n.º de identificación de estranxeiro (NIE) ou o permiso de residencia.
  3. Fotocopia do Libro de Familia, no seu caso.
  4. Declaración responsable da persoa solicitante sobre as circunstancias que motivan a solicitude (incluída na propia solicitude).
  5. No caso de dispor de vivenda propia, copia do recibo do imposto sobre bens Inmobles (IBI).
  6. Solicitude de transferencia bancaria en modelo normalizado.
  7. Orzamento dos gastos para os que solicita a axuda.
  8. Certificación municipal de empadroamento e convivencia.
  9. Proposta de resolución do Concello no que reside.
  10. Informe social sobre a situación de emerxencia pola que solicita a axuda.
  11. Calquera outro dato ou informe que poida incidir na resolución do expediente.

Internet

Páxina web:

http://www.xunta.es

Teléfono

Máis información:

Todas aquelas persoas que desexen solicitar este tipo de axuda poderán dirixirse indistintamente á Consellaría ou ao Concello.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?