Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Certificado de Defunción

En que consiste?:

O Certificado de Defunción é o documento oficial que acredita o falecemento da persoa.

Onde se fai?:

O Certificado de Defunción pódese solicitar a través de tres vías:

  • Presencial: Rexistro Civil.
  • Por correo postal.
  • En liña: a través da páxina web www.mjusticia.gob.es (sen certificado dixital; realízase a solicitude e indícase a vía de entrega do certificado, presencial ou por correo ordinario).

Enderezo:

Rúa Emilia Pardo Bazán (Registro Civil) 24. 15005 A Coruña

Horario:

Luns a venres de 09.00 h a 18.00 h. Sábado de 10.00 h a 13.00 h (de 14.00 h a 18.00 h só recollida e entrega de solicitudes, igual cós sábados).

Teléfono:

981 185 100

981 185 159

981 185 169

981 185 172

Presencial

Que se necesita?:

DOCUMENTACIÓN

  • Impreso de solicitude (pódese recoller na oficina do Rexistro Civil ou descargar dende a páxina web: www.mjusticia.gob.es).
  • DNI da persoa que solicita o certificado.
  • Nome e apelidos do falecido e data e lugar de falecemento.

Internet

Páxina web:

www.mjusticia.gob.es

Teléfono

Máis información:

QUEN PODE SOLICITALO

Pode ser solicitado por calquera cidadán que así o requira e teña interese, salvo as excepcións legalmente previstas, que impiden que se dea publicidade sen autorización especial:

  • Da filiación adoptiva, non matrimonial ou descoñecida ou de circunstancias que descubran tal carácter, da data do matrimonio que conste no folio de nacemento, se aquel fose posterior a este ou se realizou nos 180 días anteriores ao nacemento, e do cambio do apelido Expósito ou outros análogos ou inconvenientes.
  • Da rectificación do sexo.
  • Das causas de nulidade, separación ou divorcio dun matrimonio ou das de privación ou suspensión da patria potestade.
  • Dos documentos arquivados, en canto aos extremos citados nos números anteriores ou a circunstancias deshonrosas ou que estean incorporadas en expediente que teña carácter reservado.
  • Do cartapacio de abortos.

 

TIPOS DE CERTIFICADO

Certificado Positivo

Extracto: é un resumo da información relativa ao feito do falecemento que consta no Rexistro Civil. Pode ser de distintos tipos:

  • Ordinario: é o expedido en lingua castelá para aquelas comunidades autónomas cuxo único idioma oficial sexa o castelán.
  • Internacional ou plurilingüe: é o destinado a producir efecto nos países que ratificasen o Convenio de Viena do 8 de setembro de 1976. Este certificado expídese no idioma oficial de todos os países asinantes do citado convenio (España, Alemaña, Austria, Bélxica, Bosnia, Croacia, Eslovenia, Francia, Italia, Luxemburgo, Macedonia, Países Baixos, Portugal, Suíza, Turquía, Servia e Montenegro).
  • Bilingüe: sempre que se solicite un certificado en extracto nunha comunidade autónoma que teña o seu propio idioma oficial, este será emitido en castelán e no idioma oficial da comunidade autónoma no que se expida.

Literal: é unha copia literal da inscrición de defunción, contendo todos os datos relativos á identidade do falecido e ao feito do falecemento.


Certificados Negativos

Acreditan que non está inscrito o falecemento dunha persoa nese Rexistro Civil.

 

NORMATIVA

Instrución do 20 de marzo do 2002, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, en materia de recepción e despacho de solicitudes de certificacións nos rexistros civís por vía telemática, publicada no BOE núm. 85 do 2 de abril do 2002.

Lei 20/2011, do 21 de xullo, do Rexistro Civil, publicada no BOE núm. 175 do 22 de xullo do 2011 (entra en vigor o 23 de xullo do 2014).

Onde se fai?

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?