Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Certificado de inexistencia de débedas co Concello da Coruña

En que consiste?:

Obtención de documento xustificativo acreditativo das débedas de dereito público pendentes que fosen obxecto de providencia de prema.

Prazo de presentación:

Todo o ano

Presencial

Que se necesita?:

Impreso de solicitude xeral, no caso de que actúe por medio dunha persoa representante débese achegar o documento de autorización e a copia do NIF do suxeito pasivo.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Enderezos:
    • Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
    • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
    • Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela, 17. C.P. 15010 A Coruña.
    • Rexistro Área Económica. Rúa da Franxa nº 21-22. C.P. 15001 A Coruña.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos incluídos no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Internet

Como se fai?:

Na Oficina Virtual do Contribuínte, identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, na opción Xerar documentos. Unha vez xerado arquívase na Caixa do correo de documentos da OVC.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Oficina Virtual do Contribuínte:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de persoas propietarias etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a unha persoa interesada que estea obrigada a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitación telemática

Certificado dixital:

Si

Teléfono

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?