Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Empadroamento, normas e obtención do volante ou certificado

En que consiste?:

Padrón municipal

O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde consta a veciñanza dun municipio. Os seus datos constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual nel. As certificacións que dos devanditos datos se expidan terán carácter de documento público e fidedigno para todos os efectos administrativos.

Toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no Padrón do municipio no que resida habitualmente. Quen viva en varios municipios deberase inscribir unicamente no que habite durante máis tempo ao ano.

Onde se fai?:

  • Na oficina do Rexistro Xeral Municipal, situada no Palacio Municipal, praza de María Pita nº 1 C.P. 15001 A Coruña, todo tipo de trámites.
  • Nas oficinas do Fórum Metropolitano (r/ Río Monelos nº 1) e Centro Sociocultural Ágora (Lugar da Gramela, 17) unicamente se realizarán os seguintes trámites relacionados co Padrón Municipal de Habitantes:
    • Expedición de certificados de padrón
    • Confirmación de persoas estranxeiras
    • Renovación de persoas estranxeiras
    • Altas por nacemento
    • Modificación de datos persoais (cambio do nivel de estudos, cambio de nacionalidade, investimento de apelidos, cambio de sexo etc.)

Presencial

Que se necesita?:

Documentación xeral para a inscrición:

  • Folla de inscrición do padrón (non dispoñible na web). Deberá ser asinada por todas as persoas maiores de idade. A folla do padrón cubrirana as persoas funcionarias da Unidade de Padrón e deberá presentarse o DNI orixinal ou calquera outro documento de identificación (NIE, pasaporte, carné de conducir etc. De todas as persoas maiores de idade e libro de familia dos/as menores de 15 anos así como o documento que acredite a garda custodia (se o houbese). Sempre documentación orixinal.
  • Xustificación da utilización da vivenda.

No suposto de persoas estranxeiras, segundo a Lei orgánica 14/2003, do 20 de novembro, sobre os dereitos e liberdades das persoas estranxeiras en España (art. 3º, punto 2), tamén deben achegar:

  • Tarxeta de Residencia en vigor ou pasaporte do país de procedencia, no suposto de cidadáns nacionais de estados membros da Unión Europea, doutros estados parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo ou de estados aos que, en virtude dun convenio internacional, se estenda o réxime xurídico previsto para a cidadanía dos estados mencionados.
  • NIE ou pasaporte do país de procedencia, no caso de cidadáns/ás de estados non comprendidos no suposto anterior.

Altas

Por omisión:

Realízase a alta por omisión cando residindo habitualmente no termo municipal, non se figure inscrito no Padrón de ningún municipio.

  • A totalidade dos documentos indicados no apartado documentación xeral.
  • Impreso específico no que se faga constar que non figuran ou descoñecen figurar inscritos no Padrón de habitantes doutro municipio.

Por cambio de residencia procedente doutro municipio:

  • A totalidade dos documentos indicados na apartado documentación xeral.
  • Impreso específico no que se faga constar o municipio de procedencia.

Por nacemento (documentación orixinal):

Procedemento normal. A persoa nacida inscribirase no Rexistro Civil que, a través do Instituto Nacional de Estatística, llo comunica ao Concello da Coruña.

Procedemento especial. Tamén se poderá dar de alta as persoas nacidas cubrindo a solicitude de alta, presentando o Libro de Familia no que conste a súa inscrición, o certificado de nacemento e o documento no que conste a garda e custodia do/a menor (se o houbese).

No caso de que se inscriba cun só proxenitor deberán asinar a alta os dous proxenitores con fotocopia do DNI de ambos.

Se non poden asinar os dous proxenitores o DNI ou documento xustificativo orixinal e cubrir o impreso de declaración responsable para alta cambio de domicilio de menores.

Documentación que hai que presentar nos distintos supostos

Empadroamento nun domicilio no que xa hai persoas inscritas no Padrón municipal:

  • A totalidade dos documentos indicados no apartado documentación xeral excepto a xustificación de utilización da vivenda.
  • A persoa que autorice deberá dispoñer dalgún título acreditativo da posesión efectiva da vivenda (propiedade, alugueiro etc.) ao seu nome. Esta persoa deberá asinar a Folla de Inscrición no Padrón, autorizándoos a vivir no mesmo domicilio.

Se non podo xustificar con documentación a utilización da vivenda:

  • Se me deixan a vivenda sen documentación que o acredite, o propietario ou a persoa titular do contrato de arrendamento, deberá asinar a folla de padrón autorizándoo/a a empadroarse no devandito domicilio.
  • Presentar DNI ou documento de identificación orixinal; documento de xustificación da utilización da vivenda segundo o apartado de xustificación da utilización da vivenda.

Normas para o empadroamento de menores

Empadroamento dun/ha menor nun domicilio distinto ao dos pais:

  • A totalidade dos documentos indicados no apartado documentación xeral.
  • DNI do pai e nai ou titor/a legal.
  • DNI orixinal da persoa maior de idade que autoriza.
  • Impreso de cambio de domicilio ou de alta, segundo corresponda.

Se por calquera motivo unha das persoas proxenitoras non pode asinar o impreso do cambio de domicilio ou o de alta, debe achegar:

  • Impreso de declaración responsable.

Se os/as menores se empadroan cos dous pais:

  • Deberán achegar sempre o libro de familia, para demostrar que son os pais.
  • DNI orixinal dos pais.
  • O resto da documentación xeral.

Se os/as menores se empadroan só cun dos pais:

  • Deberán achegar sempre o libro de familia.
  • Deberán asinar os dous pais na solicitude de alta:
    • A solicitude de alta doutro concello e omisión
    • Na solicitude de cambio de domicilio
  • DNI orixinal dos pais.
  • O resto da documentación xeral.

Se os/as menores se empadroan só cun dos pais e o outro está ausente, (polo que non pode asinar:)

  • Deberán achegar sempre o libro de familia
  • Declaracion responsable de proxenitor para inscrición ou cambio de domicilio de menores non emancipados
  • DNI orixinal do proxenitor co que se empadroa o/a menor.
  • O resto da documentación xeral.

Se os/as menores se empadroan só con 1 dos pais por separación ou sentenza xudicial

  • Deberan achegar sempre o libro de familia
  • Sentenza xudicial onde a garda e custodia do/a menor estea confiada en exclusiva ao/á proxenitor/a que realiza a solicitude.
  • DNI orixinal desa persoa proxenitora.
  • O resto da documentación xeral.

Se os/as menores se empadroan con 1 dos pais que está incurso nalgún dos supostos de feito previstos nos artigos 103.1c) ou 152.3c) do Código Civil

  • Deberá achegar a copia da autorización xudicial correspondente autorizando a inscrición ou o cambio de domicilio do/a menor.
  • DNI orixinal do/a proxenitor/a.
  • O resto da documentación xeral.

Modificacións

Por cambio de domicilio no propio Concello:

Trátase de alteracións de datos que figuran no Padrón que non afectan á condición de residente habitual.

  • A totalidade dos documentos indicados no apartado documentación xeral.
  • Impreso de declaración de cambio de domicilio.

Datos persoais:

Trátase de variacións nos datos persoais posteriores á inscrición, así como as que se derivan da corrección de erros materiais.

  • Copia do documento no que figuren os datos que se pretenden modificar (DNI, partida de nacemento, libro de familia, título académico etc.).

Baixa no Padrón municipal

Baixa por defunción:

Unha vez inscrita a defunción no Rexistro Civil, o Concello realiza a baixa de oficio cos datos que lle facilita o INE (Instituto Nacional de Estatística).

En casos especiais, serán dadas de baixa no Padrón as persoas falecidas presentando no Concello o Libro de Familia no que conste o óbito da persoa inscrita ou o certificado oficial de defunción (documentación orixinal).

Baixa por traslado de residencia a outro municipio:

Presentarase a alta no municipio de destino e o municipio de orixe realiza a baixa cos datos que lle facilite o INE (Instituto Nacional de Estatística).

Baixa por traslado de residencia ao estranxeiro:

Presentarase a alta no Rexistro de Matrícula da Oficina ou Sección Consular de destino e o municipio de orixe realiza a baixa cos datos que lle facilite o INE (Instituto Nacional de Estatística).

Certificados de padrón

Pódense emitir certificados de padrón de dous tipos:

  • Dun só habitante.
  • De todas as persoas habitantes que constan na mesma folla do Padrón.

Documentación que hai que presentar

Para pedir o certificado é necesario presentar o DNI orixinal (ou documento acreditativo da súa identidade).

No caso de que a solicitude sexa formulada por unha persoa representante deberá achegar unha autorización por escrito e fotocopia do DNI (ou documento que acredite a súa identidade) da persoa representada.

  • Se se trata dunha persoa menor, presentarase o Libro de Familia e a documentación que acredite a identificación do titor ou titora.
  • Impreso de solicitude.

Suposto de persoa falecida

  • DNI da persoa defunta ou acreditar un interese lexítimo no trámite, exhibindo o Libro de Familia, testamento, declaración de herdeiros ou documento análogo. Se non se puidese entregar algún dos documentos anteriores e, coa condición de que a persoa falecida estivese empadroada coa solicitante, o DNI desta última.
  • Impreso de solicitude.

Expedición do certificado

O certificado emítese no momento excepto para os seguintes supostos:

  • Para xustificar o cobro dunha pensión que percibe un cidadán estranxeiro, residente en España, do seu país de procedencia.
  • Para xustificar o cobro dunha pensión procedente doutro país, que percibe un cidadán español residente en España.
  • Para trámites de adopción nacional e internacional.

Nestes casos cóbrese a solicitude do certificado á espera de recibir o certificado.

Xustificante ou volante de empadroamento

Documentación:

  • DNI, Libro de Familia, Pasaporte, carné de conducir ou documento identificativo de carácter público e valor análogo.

Quen acredite un interese lexítimo (autoridades públicas ou requirimento xudicial) pode solicitar o volante de empadroamento doutra persoa.

Este volante pódese solicitar no apartado de trámites en liña na páxina web municipal: www.coruna.es

Teléfono

Máis información:

Xustificación de utilización da vivenda

(Obrigatoriedade de presentar documentación orixinal)

Se na vivenda non figura ninguén empadroado con anterioridade xustificarase a súa utilización achegando documentos que a acrediten, e serán os máis habituais:

para as persoas propietarias

  • a escritura ou documento privado de compravenda de vivenda, copia simple, nota do rexistro de propiedade
  • o recibo de IBI,
  • o contrato definitivo ou último recibo dunha compañía de servizos (auga, gas, teléfono fixo,...), no que conste o domicilio e que figure a nome de polo menos unha das persoas que solicitan o empadroamento

para as persoas arrendatarias

  • o contrato vixente de arrendamento de vivenda acompañado do último recibo de alugueiro
  • o contrato definitivo actual ao último recibo actual dunha compañía de servizos (auga, gas, teléfono fixo,...), no que conste o domicilio e que figure a nome de polo menos unha das persoas que solicitan o empadroamento.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?