Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Matrimonio civil realizado no Rexistro Civil

En que consiste?:

 

 

Onde se fai?:

Rexistro Civil

Enderezo:

Rúa Emilia Pardo Bazán 24. 15005 A Coruña

Horario:

Luns a venres de 09:00 h. a 18:00 h. Sábado de 10:00 h. a 13:00 h. (de 14:00 h. a 18:00 h. só recollida e entrega de solicitudes, do mesmo xeito que os sábados).

Teléfono:

981 185 100 (centraliña xulgado)

981 185 159

981 185 169

981 185 172

Presencial

Que se necesita?:

Documentación:

Solteiros maiores de idade:

  • Certificados literais de nacemento dos contraentes, expedidos cunha antelación máxima de 3 meses (Rexistro Civil da localidade de nacemento).
  • Certificados de empadroamento no municipio onde residisen os 2 últimos anos (unicamente serán admitidas as certificacións expedidas cunha antelación máxima de 3 meses).
  • Orixinal e fotocopia do DNI ou Pasaporte.
  • Impresos de solicitude.

Divorciados:

  • Toda a documentación indicada no apartado solteiros.
  • Certificación literal de matrimonio con inscrición marxinal de divorcio ou nulidade.

Viúvos:

  • Toda a documentación do apartado 1.
  • Certificación literal de matrimonio.
  • Certificación literal de defunción do cónxuxe anterior falecido.

Menores de idade:

  • Toda a documentación indicada no apartado solteiros.
  • Maiores de 16 anos: que conste na certificación literal de nacemento a inscrición marxinal de emancipación.
  • Maiores de 14 anos e menores de 16: neste caso debe obterse previamente a dispensa xudicial.

Estranxeiros:

  • Toda a documentación necesaria que non sexa española deberá traducirse por un tradutor xurado e legalizarse polo consulado respectivo.
  • Certificado de residencia dos 2 últimos anos.
  • Certificado de nacemento literal (orixinal) expedido polo Rexistro Civil do seu lugar de nacemento, debidamente legalizado polas autoridades competentes representativas do dito país (Consulado ou Embaixada) ou coa apostilla de La Haya de 1961.
  • Acreditación do seu estado civil.

Os futuros contraentes deberán acudir ao Rexistro acompañados de unha ou dúas testemuñas maiores de idade que levarán consigo o DNI, co fin de realizar o expediente matrimonial.

Cando os interesados residisen ou estivesen domiciliados nos 2 últimos anos en poboacións de menos de 25.000 habitantes (segundo o último censo oficial) teñen que publicarse edictos ou proclamas durante 15 días.

Se a documentación achegada é correcta e non existe impedimento legal en ningún dos dous para o matrimonio, o xuíz ditará resolución autorizando o matrimonio.

Unha vez autorizado, os contraentes poden optar pola realización do enlace no propio Rexistro ou no Concello.

Internet

Páxina web:

www.mjusticia.gob.es

Teléfono

Máis información:

Normativa:

Lei 20/2011, de 21 de xullo, do Rexistro Civil,?publicada no BOE n? 175 do 22 de xullo de 2011?(entra en vigor o 23 de xullo de 2014).

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?