Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Tarxeta Bus Millennium Xeral

En que consiste?:

Tarxeta de bus xeral coa que as súas persoas beneficiarias obterán descontos pola utilización do servizo público de transporte urbano.

Onde se fai?:

Solicitude por primeira vez, renovación, roubo, perda ou deterioración:

  • Servizo de Mobilidade Urbana (Estación de Autobuses - rúa Cabaleiros, 21)
  • Rexistro Xeral Palacio Muncipal (Praza de María Pita, 1)
  • Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural Ágora (Lugar da Gramela, 17)

Presencial

Que se necesita?:

Documentación (particulares):

  • Impreso de solicitude.
  • DNI (no suposto de menores de idade, ademais do DNI do pai, nai ou titor/a legal, deben achegar o da persoa interesada, se dispón del).
  • Aboar a taxa establecida.
  • En caso de menores de idade, o contrato debe ir asinado polo pai, nai ou titor/a legal.

Documentación (empresas):

  • CIF.
  • O contrato debe estar asinado por unha persoa autorizada e acreditar a dita autorización.
  • Aboar a taxa establecida.

Custo da tarxet (taxa):

  • Persoas empadroadas e non empadroadas no Concello da Coruña: 3 €.

Pódese realizar o pagamento da taxa na Caixa Municipal ou a través de calquera oficina de Abanca.

Unha vez aboada a taxa, o/a solicitante debe dirixirse de novo á oficina na que realizase a solicitude da tarxeta, co xustificante de pago, para que lle expidan a tarxeta.

Roubo, perda ou deterioración:

En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a súa reparación (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que o/a titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.

Substitución da tarxeta por deterioración técnica dela

No caso de que a substitución do cartón prodúzase por deterioración técnica da mesma, sen responsabilidade do usuario (por tanto debe achegar o cartón deteriorado), non é necesario abonar ningunha taxa e o cartón expídese no momento.

Neste caso, quince días despois de que o usuario reciba o novo cartón, poderá recuperar o saldo que tiña no cartón deteriorado acudindo a unha das oficinas de Abanca.

Substitución da tarxeta por roubo, extravío ou rotura

É necesario aboar a taxa establecida: 7 €, (Ordenanza Fiscal nº 1, epígrafe 1.11.4).

Ao solicitar o duplicado da tarxeta facilitarase o impreso de autoliquidacións; unha vez aboada a taxa (na Caixa Municipal ou en calquera das oficinas de Abanca), o/a usuario/a débese dirixir co xustificante de pago á oficina de tramitación para a expedición da tarxeta.

Normas xerais:

  • O custo de cada viaxe é de 0,85 €.
  • Transbordo permitido entre liñas gratuíto (máximo 45 minutos).
  • Esta tarxeta non é necesario renovala.
  • A tarxeta recóllese presencialmente.

Internet

Teléfono

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?