Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Tarxeta de residentes para a zona ORA 2019

En que consiste?:

Tarxeta que permite estacionar nas zonas reservadas para residentes na franxa horaria que ocupa a zona ORA.

Onde se fai?:

A solicitude da tarxeta durante a campaña anual presentarase nas oficinas da empresa concesionaria SETEX APARKISA na Avda. Fernández Latorre núm. 11, desde o 15 de decembro de 2017 ao 31 de xaneiro de 2018, ambos inclusive, de luns a venres de 08:00 h a 14:00 h e de 15:00 h a 20:00 h e sábados de 10:00 h a 14:00 h.

Solicitudes fóra de prazo:

Avda. Fernández Latorre núm. 11 en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h de luns a venres e sábados de 10:00 h a 14:00 h

Teléfono de contacto da oficina tramitadora: 881 123 938

Prazo de presentación:

Prazo de solicitude do ano 2019: 17 de decembro 2018 ao 31 de xaneiro 2019 (ambos inclusive).

As persoas que soliciten a tarxeta fóra de prazo, así mesmo acudirán ás oficinas habilitadas para o efecto da empresa concesionaria, SETEX APARKISA, en Avda. Fernández Latorre, 11 coa documentación necesaria, xustificando documentalmente a solicitude fóra de prazo.

Presencial

Que se necesita?:

Soamente a poderán adquirir as persoas físicas. Non existe un máximo de tarxetas por domicilio, nin por titular, coa condición de que se cumpran os requisitos que se enumeran a continuación, pódense solicitar as que se desexen (unha por vehículo):

  • Ter o seu domicilio en zona ORA.
  • Ser titular do vehículo para o que se solicita a tarxeta.
  • Aboar a taxa establecida por un importe de 18,65 € (Ordenanza fiscal núm. 21).
  • Estar ao corrente de pago do IVTM neste concello, ou gozar de exención. Se o pago se efectuou en período voluntario comprobarao o Concello. No caso de que o aboamento fose realizado en procedemento executivo, deberá acreditalo a persoa solicitante co documento ou carta de pago con que finalizase o procedemento. As persoas solicitantes que gozan de exención do IVTM deberán acreditar en todo caso tal extremo, coa notificación da resolución pola que se concede a exención.
  • Non ter pendente de pago en vía executiva sancións de circulación co Concello no momento de efectuar a solicitude.

Documentación (solicitude por 1ª vez e renovación):

A solicitude da tarxeta de residente farase no prazo fixado mediante presentación de instancia, na que se expresará a matrícula do vehículo e acompañarase cos documentos seguintes:

  • Impreso de solicitude xeral
  • Fotocopia do DNI da persoa solicitante.
  • Fotocopia do permiso de circulación do vehículo.
  • Fotocopia do xustificante de pago da póliza do seguro obrigatorio en vigor.

Documentación de cambio de vehículo (por baixa definitiva ou venda del):

Se durante o período de vixencia da tarxeta, a persoa titular dela cambia de vehículo, deberá notificalo achegando a documentación indicada no punto anterior, ademais da seguinte:

  • No suposto de baixa definitiva do vehículo, copia do xustificante que acredite a dita situación.
  • No suposto de venda do vehículo, tarxeta de residente (orixinal).

Se non se achega esta documentación, a persoa interesada poderá tramitar igualmente a solicitude pero tomarase como unha alta nova, polo tanto terá que aboar a taxa vixente.

Internet

Teléfono

Máis información:

Sector 1

Abarca a superficie situada dentro do perímetro delimitado polas vías seguintes:

Rúa Nova, San Andrés, Sol, Barrié de la Maza, Curros Enríquez, Torre, Pza. España, Pza. Millán Astray, Costa de San Agustín, Pza. Marqués de San Martín, Pza. María Pita, María Barbeito, Paseo da Dársena, Avda. Alférez Provisional, Alcalde Casás, Avda. Mariña e Marchesi Dalmau.

1.1 Zona de Uso Xeral

Alcalde Casás, Corralón, Curros Enríquez, Hospital, Juan Canalejo (Sol - Corralón), María Victoria Fernández España, Avda. Mariña, Avda. Montoto, San Andrés (Xeneral Mola - Rúa Nova), San Roque e Zalaeta.

1.1.1 Zona de Uso Xeral de Curta Duración I

Xoán XXIII, Marqués de Pontejos, Pío XII, Torre.

1.1.2 Zona de Uso Xeral de Curta Duración II-Parking Express.

Marqués de Pontejos e San Andrés (Xeneral Mola-Rúa Nova)

1.2 Zona de Uso de Residentes

Campo de Artillería, Disciplina, Independencia, Xustiza, Praza María Auxiliadora, rúa Orzán (Praza Pintor Alvarez Sotomayor - Sol), Panadeiras, San Nicolás, Sol, Traballo, Travesía da Torre e Tren.

1.3 Zona de Uso Mixto (Xeral e Residente)

Costa de San Agustín, Don Bosco, Marqués de Pontejos, Marqués de San Martín.

Sector 2

Abarca a superficie situada dentro do perímetro delimitado polas vías seguintes:

Juana de Vega, Pza. Pontevedra, Rexedor Somoza, Barrié de la Maza, Sol, San Andrés, Rúa Nova, Marchesi e Dalmau, Avda. Mariña, Alcalde Casás, Avda. Alférez Provisional e Sánchez Bregua.

2.1. Zona de Uso Xeral

Avda. Alférez Provisional (Chafariz gasolina), Comandante Fontanes, Durán Loriga, Entrexardíns, Fiscal José Gómez Naveira, Juan Canalejo (rúa Alta - Sol), Santa Catalina e San Andrés (rúa Nova-Alameda)

2.1.1 Zona de Uso Xeral de Curta Duración II-Parking Express

San Andrés (rúa Nova-Alameda)

2.2. Zona de Uso de Residentes

Alameda, Hortas, Travesía de Hortas, rúa Orzán (Sol - Pza. Pontevedra), Pasadizo do Orzán

2.3. Zona de Uso Mixto (Xeral e Residente)

Cordelería

Sector 3

Abarca a superficie situada dentro do perímetro delimitado polas vías seguintes:

Juan Flórez (números impares, e pares do 2 ao 84) , Pza. Pontevedra, Modesta Goicouría, Avda. Pedro Barrié de la Maza, Rexedor Somoza, Pza. Pontevedra, Juana de Vega, Sánchez Bregua, Pza. Ourense, Avda. Linares Rivas e Avda. Alfonso Molina.

3.1. Zona de Uso Xeral

Federico Tapia, Francisco Mariño, Juan Flórez, Juana de Vega, Picavia, Rosalía de Castro e Teresa Herrera

3.1.1. Zona de Uso Xeral de Curta Duración I

Praza de Lugo

3.1.2 Zona de Uso Xeral de Curta Duración II-Parking Express

Federico Tapia, Francisco Mariño, Rosalía de Castro e Praza de Pontevedra

3.2. Zona de Uso de Residentes

Avda. Alfonso Molina, Arcebispo Lago, Compostela, José Cornide, Fernando González, Fonseca, Fontán, Marcial del Adalid, Modesta Goicouría, Notariado, Padre Feijóo, Pza. Galicia, Pza. Ourense, Pintor Joaquín Vaamonde e Ramón de la Sagra.

3.3. Zona de Uso Mixto (Xeral e Residente)

Betanzos, Emilia Pardo Bazán, Ferrol, Avda. Linares Rivas e Menéndez Pelayo

Sector 4

Abarca a superficie situada dentro do perímetro delimitado polas vías seguintes:

Juan Flórez, Avda. Arteixo, Uruguai, Glorieta de América, Palomar, Paseo das Pontes, Avda. Calvo Sotelo, Praza de Portugal, Avda. Buenos Aires, Avda. Pedro Barrié de la Maza, Modesta Goicouría e Pza. Pontevedra.

4.1. Zona de Uso Xeral

Alfredo Vicenti, Avda. Arteixo, Avda. Buenos Aires, Bolivia, Cabo Santiago Gómez, Cidade de Lugo, Fernando Macías, Glorieta de América, Avda. Finisterre, José Luís Pérez Cepeda, Maxistrado Manuel Artime, Médico Rodríguez, Palomar, Praza Portugal, Avda. Rubine e Uruguai.

4.2. Zona de Uso de Residentes

Costa Rica, Donantes de Sangre, Historiador Vedía, Lagar, Praza Mestre Mateo, Paseo das Pontes, Rei Abdullah e Santiago de la Iglesia.

4.3 Zona de Uso Mixto (Xeral e Residente)

Av. Calvo Sotelo, Comandante Barja e Pondal.

Sector 5

Abarca a superficie situada dentro do perímetro delimitado polas vías seguintes:

Juan Flórez (números pares do 86 ata ao 148), Fernando Rey, Ronda de Nelle e Avda. Arteixo

5.1. Zona de Uso Xeral

Divisón Azul, Dr. Fleming (Sinforiano López - Pasadizo de Pernas), Inés de Castro (Pla y Cancela - Dr. Fleming), Ronda de Nelle, Pla y Cancela e Wenceslao Fernández Flórez.

5.1.1. Zona de Uso Xeral de Curta Duración I

Dr. Fleming (Pasadizo de Pernas - Inés de Castro), Inés de Castro (Dr. Fleming - Médico Durán), Médico Durán (Pasadizo de Pernas - Wenceslao Fernández Flórez), Pasadizo de Pernas (Dr. Fleming - Médico Durán)

5.2. Zona de Uso de Residentes

Alcalde Soto González, Alfonso VII, Falperra, Industrial, Pza. Libro, Médico Durán (División Azul - Pasadizo de Pernas e Wenceslao Fernández Flórez - Tenente Xeneral Gómez Zamalloa), Río Eume, Río Miño, Río Sar, Río Tambre, Travesa do Monte e Vila de Laxe.

5.3. Zona de Uso Mixto (Xeral e Residente)

Enrique Dequidt Hevia, Juan Castro Mosquera, Nicaragua, Sinforiano López e Tenente Xeneral Gómez Zamalloa

Sector 6

Abarca a superficie situada dentro do perímetro delimitado polas vías seguintes:

Avda. Primo de Rivera, Lope de Vega, Avda. Exército, Río Monelos, Alcalde Marchesi, Ramón y Cajal, Alcalde Pérez Ardá, Rolda de Outeiro, Cabaleiros, Alfonso Molina 5-7, Alexandre Bóveda, Fernando Rey e Avda. Alfonso Molina.

6.1. Zona de Uso Xeral

Alcalde Marchesi, Alcalde Pérez Ardá, Alexandre Bóveda, Benito Blanco Rajoy, Cigarreras, Concepción Arenal, Avda. Exército, Estación de Autobuses, Fernando Rey, Avda. Xeneral Sanjurjo, Manuel Piñeiro Pose, Marqués de Amboage, Nicomedes Pastor Díaz, Novoa Santos, Avda. Primo de Rivera, Ramón y Cajal e Viaduto.

6.2. Zona de Uso de Residentes

Alcalde Puga y Parga, Brasil, Cabaleiros, Cabana, Castiñeiras de Abaixo, México, Primavera, Río Monelos e Santa Lucía.

6.3. Zona de Uso Mixto (Xeral e Residente)

Avda. Alfonso Molina 5-7, Castro Chané, Avda. Chile, Fernández Latorre, Costa da Palloza, Palloza e Perpetuo Socorro.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?