Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Solicitude de cita previa para autoliquidación de plusvalías por persoas físicas particulares

O Servizo de Xestión Tributaria pon á súa disposición o servizo de cita previa para a autoliquidación de plusvalías por persoas particulares. O obxectivo deste servizo é mellorar a atención ás persoas contribuíntes concertando a data e a hora que mellor se adapte ás súas circunstancias persoais.

Para que poidan ser atendidos, na Unidade de Rexistro e Información da rúa da Franxa, será necesario concertar a cita previa, para iso poderán facelo ben a través do formulario web adxunto ou ben a través do Servizo de Atención Telefónica do 010.

Importante: non serán atendidas todos aquelas persoas que non efectuasen a dita solicitude previa, e terán como alternativa, para efectuar a autoliquidación do imposto, a Oficina Virtual do Contribuínte na que poden efectuarse tanto simulacións como xerar as autoliquidacións e as cartas de pago, e poderán realizar o pago a través dos medios e lugares indicados na seguinte ligazón https://sede.coruna.gob.es/pagos (Entidades colaboradoras Abanca, Banco Santander, Banco Sabadell, Caixabank, Banco Pastor e BBVA; Internet e aplicacións móbiles).

En aplicación dos artigos 14.2 a) e 14.2 c) da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, as persoas xurídicas, as xestorías, asesorías, economistas, avogados, notarios, rexistradores da propiedade ou mercantís e demais despachos profesionais que autoliquiden o Imposto sobre Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana (Plusvalía) en nome propio ou de terceiras persoas deberán utilizar o servizo web da Oficina Virtual do Contribuínte na seguinte ligazón. Con todo, naqueles casos en que non resulte posible, por problemas técnicos alleos á persoa solicitante, a xeración da liquidación poderase poñer en contacto co servizo telefónico de atención á cidadanía 010.

Solicitude de cita: A través do servizo de atención telefónica 010 ou do formulario web que se achega. A concreción da hora da cita remitirase a través do correo electrónico facilitado ou ben a través do teléfono indicado na solicitude. Horario de cita previa: de luns a venres entre as 9 e as 12 horas. Lugar: Oficina da rúa Franxa, nº 20 (Servizos Económicos) 1ª planta. Tfno. de información: 010 - Horario de atención de luns a venres de 08:00 h a 20.30 h e sábado de 09:00 h a 14:00 h.

Documentación necesaria

Para os efectos de poder realizar a autoliquidación do imposto deberá achegar a seguinte documentación, en función da modalidade:

Transmisión Inter vivos

Na modalidade inter vivos deberá achegar a seguinte documentación:

  • Copia do Documento Público da Transmisión.
  • Documento de declaración de datos debidamente cuberto. (ligazón documento)
  • No caso de que actúe en representación de terceiras persoas debe achegar un poder notarial ou ben unha autorización asinada pola persoa representante e o obrigado tributario xunto cunha copia do NIF de ambos.

Transmisión Mortis Causa

Na modalidade Mortis Causa deberá achegar a seguinte documentación:

  • Fotocopia do certificado de defunción do causante.
  • Fotocopia da relación de bens que integran a herdanza.
  • Identificación de todoas as persoas herdeiras, incluídas as usufrutuarias. Para iso debe presentar cuberto o modelo de declaración de datos (ligazón documento)
  • No caso de que estea dentro dos supostos de bonificacións do 95% ou do 30% previstos no art. 9.2 da Ordenanza Fiscal nº 53, e que estean relacionadas coa vivenda habitual do causante, deberá xustificar (declaracións do IRPF) a renda neta da unidade familiar ou convivencial (as persoas empadroadas así como as que residan habitualmente na vivenda, incluído o causante).
  • No caso de que actúe en representación de terceiras persoas debe achegar un poder notarial ou ben unha autorización asinada pola persoa representante e o obrigado tributario xunto cunha copia do NIF de ambos.

Ligazón á documentación relacionada

Formulario de solicitude

Acceder ao formulario

Formulario de solicitud de cita

Datos de contacto

Elixir por orde de preferencia ata 3 datas.

LOPD

De conformidade co establecido no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, infórmase de que os datos de carácter persoal declarados polo interesado pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado, cuxo responsable de tratamento será o Concello da Coruña, e cuxas finalidades e usos previstos serán os seguintes: Xestión de datos de identificación e contacto de cidadáns que solicitan algún tipo de información ou documentación ao Concello a través do portal web municipal. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados nestes ficheiros poderanse exercer ante o Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Pza. María Pita, número 1), nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da citada Lei orgánica 15/1999.
O Concello da Coruña dispón de páxinas web propias e doutros recursos de difusión da súa programación como folletos, carpetas e demais, coa finalidade de ofrecer información das actividades que se desenvolven nos programas que leva a cabo. As imaxes do desenvolvemento destas actividades poderanse empregar para ilustrar información exclusivamente relativa a estas, como poden ser: artigos nas páxinas web, carpetas, folletos ou presentacións audiovisuais explicando os ditos programas. Aplicando a Lei galega que regula a protección da infancia e da familia e a Lei de protección de datos, informamos de que o cumprimento deste formulario e a posterior participación nas actividades que difunde, supón a autorización expresa ao Concello da Coruña para a publicación de imaxes nas que poidan figurar participantes nelas, nos recursos informativos anteriormente especificados.

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?