Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de setembro de 2013

4º Encontro da Rede de Enerxía Sostible: Impulso da Economía Verde

Tras as boas sensacións do 4º Encontro da Rede de Enerxía Sostible realizado na Domus, a Oficina Contra o Cambio Climático da Coruña prepara novas actividades para o que resta de ano.

Grazas ao interesante debate desenvolvido o pasado 26 de setembro na Domus, a Oficina Contra o Cambio Climático abriu varias liñas de traballo que se desenvolverán durante os próximos meses, en xornadas de formación e talleres de traballo a disposición dos membros da Rede de Enerxía Sostible.

Inicialmente proponse levar a cabo xornadas de formación destinadas á comprensión do prezo da enerxía, a contratación e a factura entre cidadáns e empresas -especialmente as pemes-, así como dar a coñecer pequenas medidas para conseguir un aforro económico aproveitando os enormes avances que se están producindo en tecnoloxías até hai pouco tempo case residuais, como os Led.

Tamén se desenvolverán talleres para posibilitar un achegamento aos Sistemas de Xestión da Enerxía, como ferramentas que permiten un importante aforro de custos, todo iso sen prexuízo de incorporar calquera outro tema que poida ser proposto polos membros da Rede a través do enderezo de correo electrónico redenergiasostenible@coruna.es.

Se estás interesado en que algunha destas xornadas se desenvolva na túa sede corporativa podes solicitalo por idéntico medio electrónico.

Documentos:

Díptico do Encontro (299 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión