Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de setembro de 2013

Agricultura climaticamente intelixente

De aquí ao ano 2050, a poboación mundial crecerá un terzo. A FAO estima que, se persisten as tendencias actuais de crecemento de ingresos e consumo, a produción agrícola terá que aumentar un 60% para 2050 co fin de satisfacer a demanda esperada de alimentos e forraxes. Polo tanto, a agricultura debe transformarse para alimentar a crecente poboación mundial e sentar as bases para o crecemento económico e a redución da pobreza. O cambio climático fará máis difícil esta tarefa.

A Agricultura climaticamente intelixente (CSA, polas súas siglas en inglés), tal e como foi definida e presentada pola FAO na Conferencia sobre Agricultura, Seguridade Alimentaria e Cambio Climático do 2010 na Haia, contribúe á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible. Integra as tres dimensións do desenvolvemento sostible (económica, social e ambiental), abordando de forma conxunta a seguridade alimentaria e os retos climáticos. Baséase en tres piares fundamentais:

1. incrementar de forma sostible a produtividade e os ingresos agrícolas;
2. adaptar e desenvolver resiliencia ao cambio climático;
3. reducir e/ou eliminar as emisións de gases de efecto invernadoiro onde sexa posible.

A CSA non é unha tecnoloxía ou práctica agrícola específica que poida aplicarse universalmente, senón que é un enfoque que require avaliacións específicas para cada lugar co fin de identificar tecnoloxías e prácticas de produción agrícolas adecuadas. A CSA une prácticas, políticas e institucións que non son necesariamente novas, pero son empregadas no contexto de cambios climáticos, que son descoñecidos por agricultores, gandeiros e pescadores. Tamén é novo o feito de que os múltiples retos que afrontan a agricultura e os sistemas alimentarios sexan tratados simultanea e holisticamente, o que axuda a evitar políticas, leis ou financiamentos contraproducentes.

As intervencións climaticamente intelixentes danse moito en sitios moi concretos e son intensivas en coñecemento. Requírense esforzos considerables para desenvolver o coñecemento e as capacidades que fagan da CSA unha realidade. Estes esforzos son, en gran parte, os mesmos que se necesitan para alcanzar o desenvolvemento agrícola sostible defendido durante as pasadas décadas e que non foron levados a cabo na súa totalidade sobre o terreo. A CSA ofrece unha oportunidade para revitalizar estes esforzos, superar as barreiras de adopción, á vez que os axusta ás novas realidades do cambio climático.

A FAO publicou recentemente o Manual de agricultura climaticamente intelixente. O propósito do manual é desenvolver con maior profundidade o concepto de CSA e demostrar o seu potencial, así como as súas limitacións.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión