Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña Sostible

Galerías

3º Encontro da Rede de Enerxía Sostible

4º Encontro da Rede de Enerxía Sostible

Fotos do 4º Encontro da Rede de Enerxía Sostible desenvolto o día 26 de setembro do 2013 na Domus, baixo o lema "Cara a unha economía verde".

Máis información

3º Encontro da Rede de Enerxía Sostible

3º Encontro da Rede de Enerxía Sostible

Fotos do 3º Encontro da Rede de Enerxía Sostible desenvolto o día 14 de decembro do 2010 no Centro Social Caixanova

Máis información

Conferencia Francisco Galindo nos Rosales

Conferencia Francisco Galindo nos Rosales

Máis información

Cursos nos Rosales

Cursos nos Rosales

O Concello da Coruña, a través do proxecto europeo Practise Energy, desenvolveu varias actividades formativas no ámbito dos Rosales. O centro cívico do barrio acolleu unha xornada dedicada a divulgar as boas prácticas ambientais entre os veciños co obxectivo de alcanzar a eficiencia enerxética. O ciclo foi inaugurado pola edil Nieves Vázquez, responsable da Área de Medio Ambiente no municipio herculino.

Máis información

Cursos Rede Enerxía Sostible

Cursos Rede Enerxía Sostible

Máis información

Encontro da Rede de Enerxía Sostible na Domus 4/xuño/09

Encontro da Rede de Enerxía Sostible na Domus 4/xuño/09

Os socios da Rede de Enerxía Sostible participaron nunha xornada de traballo realizada no salón de actos da Domus. Ao longo da mañá desenvolvéronse varios relatorios e presentáronse os últimos avances do proxecto.
A xornada, que foi inaugurada pola concelleira responsable da Área de Medio Ambiente, Nieves Vázquez, contou coa participación de Francisco Galindo, que pertence á fundacion Climate Project liderada polo Nóbel Al Gore.

Máis información

Meeting Internacional na Coruña Practise Energy Europe

Meeting Internacional na Coruña Practise Energy Europe

Encontro internacional dos técnicos e responsables do proxecto Practise Energy Europe en cada un dos países asociados á iniciativa. A cidade acolleu a representantes de Romanía, Italia, Francia, entre outros, e recibiu a visita dun funcionario da UE que se ocupou de facer un seguimento das evolucións do proxecto nos distintos ámbitos de actuación. As xornadas foron inauguradas pola concelleira da Área de Medio Ambiente, Nieves Vázquez.

Ademais das xornadas de traballo, os participantes no encontro tiveron a oportunidade de coñecer a cidade, e coñecer de preto o barrio dos Rosales, o ámbito de actuación do Practise na Coruña. O director da Área de Sustentabilidade e Mobilidade Urbana, Fernando Roade, acompañou a comitiva durante o percorrido, visitando puntos de interese como a planta de biogás de Bens, o Miradoiro de San Pedro ou o ascensor panorámico.

Este tipo de reunións forman parte da metodoloxía de traballo do proxecto. Cada un dos países ocúpase da organización dun encontro internacional.

Máis información

Semana da Mobilidade 2009

Semana da Mobilidade 2009

Presenza do proxecto PRACTISE na Semana da Mobilidade 2009

Máis información

Evento de presentación

Evento de presentación

Evento de presentación da Rede de Enerxía Sostible da Coruña

Máis información

Feira da Enerxía de Carballo

Feira da Enerxía de Carballo

Durante o mes de maio, o proxecto Practise Energy, dentro do seu plan de comunicación, visitou a feira paralela ás IV Xornadas sobre Enerxías Renovables e Aforro Enerxético desenvolvidas en Carballo.

Rede de Enerxía Sostible

Acceso a membros da rede

Subscrición ao boletín co2ruña

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Aviso legal

De conformidade co establecido no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, infórmase de que os datos de carácter persoal declarados polo interesado pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado, cuxo responsable de tratamento será o Concello da Coruña, e cuxas finalidades e usos previstos serán os seguintes: Xestión de datos de identificación e contacto de cidadáns que solicitan algún tipo de información ou documentación ao Concello a través do portal web municipal. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados nestes ficheiros poderanse exercer ante o Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Pza. María Pita, número 1), nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da citada Lei orgánica 15/1999.

  • Logotipo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?