Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de agosto de 2018

A Concellería de Mobilidade informa dos itinerarios alternativos habilitados ante as afeccións ao tráfico previstas pola disputa esta fin de semana do campionato de España de Tríatlon

O departamento indica que os cortes de tráfico produciranse o sábado entre as 15.00 e as 22.00 horas e o domingo entre as 07.30 e as 15.00 horas

A Concellería de Mobilidade Sostible informa que, con motivo da celebración esta fin de semana do campionato de España de Tríatlon, vanse producir afeccións ao tráfico de vehículos dende a primeira hora da tarde do sábado ata o domingo a mediodía, así como modificacións no transporte urbano.  

Na tarde do sábado día 1 de setembro, coincidindo coa celebración das probas masculina e feminina da categoría Elite, vaise levar a cabo o corte ao tráfico, entre as 15.00 e as 22.00 horas, da avenida da Mariña, Cantóns, praza de Mina, Sánchez Bregua, Linares Rivas, Primo de Rivera, avenida do Exército ata a glorieta da Rolda de Outeiro e na estrada do Porto ata a glorieta de Oza. A Concellería de Mobilidade Sostible habilitará os seguintes itinerarios alternativos:

-Habilitarase un carril para cada sentido da circulación dende a praza de Ourense ata o viaducto de Alfonso Molina na calzada de entrada á cidade (o lado do porto).

-O tráfico en sentido entrada da avenida da Pasaxe AC-12 desviarase pola glorieta de Casablanca.

-Mantense un carril, sentido saída da cidade, dende Cigarreiras cara a Ramón y Cajal.

-Mantense un carril, sentido saída da cidade, dende Fontán-Pai Feijóo con Alfonso Molina.

-O tráfico de Ramón y Cajal, sentido avenida do Exército, desviarase por avenida de Oza.

O domingo pola mañá, cando se celebren as probas das categorías de grupos de idade e paratríatlon, producirase o corte do tráfico dende as 07.30 ás 15.00 horas. Afectará á avenida da Mariña, Cantóns, praza de Mina, Sánchez Bregua, Linares Rivas, Primo de Rivera, avenida do Exército ata a glorieta da Rolda de Outeiro e o túnel dos Castros. Os desvíos habilitados son:

-Un carril para cada sentido da circulación dende a praza de Ourense ata o viaducto de Alfonso Molino na calzada de entrada na cidade (lado do porto).

-O tráfico de entrada pola avenida da Pasaxe AC-12 desviarase á glorieta de Casablanca.

-O tráfico de saída da cidade pola avenida do Exército desvíase cara a glorieta da Rolda de Outeiro - Mirados dos Castros - Enlace de Casablanca, incorporándose ao tronco da AC-12 á altura do hospital San Rafael.

-Cortarase a conexión do vial do porto con Ramón y Cajal (Casa do Mar), manténdose a conexión co enlace de Casablanca.

-Mantense un carril, sentido saída da cidade, dende Cigarreiras cara a Ramón y Cajal.

-Mantense un carril, sentido saída da cidade, dende Fontán-Pai Feijóo con Alfonso Molina.

-O tráfico de Ramón y Cajal, sentido avenida do Exército, desviarase por avenida de Oza.

A partir das 13.00 horas abrirase á circulación da avenida do Exército e o túnel dos Castros dende Ramón y Cajal - Casa do Mar.

Dentro das zonas dos percorridos do tríatlon sinalarase a prohibición de estacionamento durante o sábado de 15.00 a 22.00 horas e o domingo de 07.30 a 15.00 horas, salvo que teñan un carril habilitado.

No tocante ao transporte público, a celebración das probas suporá a supresión temporal da parada de taxis dos Cantóns, mentres que as de Casa do Mar e do paseo da Dársena se manteñen. As liñas de autobús afectadas realizarán o itinerario habitual cando se producen estes cortes, coa ruta Catro Camiños - Castiñeiras de Abaixo - viaduto Alfonso Molina - Linares Rivas - avenida do Porto - Porto - Túnel Mariña/María Pita.  Os autobuses interurbanos, solo poderán entrar ata a praza de Catro Camiños, polo que se anularán as paradas en praza de Ourense, Entrexardíns e costa da Palloza.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión