Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Seguridad ciudadana

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

10 de agosto de 2019

A Policía Local mantén un control regular dos vehículos mal aparcados na Cidade Vella

As/os axentes sancionaron desde xuño de 2018 a 3.852 persoas infractoras por estacionar indebidamente dentro do casco histórico ou fóra, nos aparcadoiros do Oceanográfico e Metrosidero, que son exclusivos dos residentes

A Policía Local mantén un control exhaustivo dos coches que estacionan mal dentro e fóra do casco histórico. Desde  xuño de 2018, sancionou a un total de 3852 persoas infractoras que aparcaron indebidamente na Cidade Vella. Dos expedientes administrativos, 1962 foron interpostos na primeira quenda de día, 1585 pola tarde e 315 tramitáronse pola noite. As rúas da Maestranza, San Francisco e o Paseo do Parrote foron onde máis vehículos aparcaron ilegalmente dentro do casco histórico. En concreto, no Parrote expedientaron a 1859 coches e na Maestranza chegaron a interceptar a 798.

Pola súa parte, nos aparcadoiros habilitados tras a peonalización para as persoas residentes no barrio, a policía penalizou a 640 condutoras/es que non viven na Cidade Vella e que fixeron caso omiso da sinalización. No estacionamento do Oceanográfico é onde máis se incumpren as normas, xa que os efectivos multaron a 594 vehículos sen a tarxeta de residente do barrio. No segundo espazo exclusivo da veciñanza, Metrosidero-Maestranza, abriron expediente a 46 infractoras/es. O Campo da Estrada foi outro dos puntos máis conflitivos, con 147 sancións. 

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?