Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de marzo de 2018

A proba nocturna da Torre de Hércules, que conta cun dispositivo especial de tráfico, celébrase este sábado coa participación de máis de 1.380 persoas

O trazado da carreira noctura percorrerá o barrio de Durmideiras e o Paseo Marítimo

A tradicional Carreira Popular Torre de Hércules - Trofeo José Varela, a cuarta proba da tempada do circuíto municipal Coruña Corre, celébrase este sábado tras pasar polos barrios de Novo Mesoiro, Os Rosais e Matogrande e destaca, en particular, por ser a única da serie cuxa proba absoluta ten lugar en horario nocturno. A carreira, que comezará ás 21.15 horas e que conta con 1.389 persoas inscritas nas diferentes categorías, percorrerá Durmideiras e o Paseo Marítimo desde o agra de San Amaro e até a rotonda das Ánimas, polo que o Concello despregará un dispositivo especial de tráfico na zona.

Así, entre as 21.00 e as 22.00 horas, producirase o corte total ao tráfico do Paseo Marítimo, nos dous sentidos de circulación, entre a glorieta de Durmideiras e as Ánimas, e cortarase o acceso desde as rúas Veramar e Julio Portela Ceballos. No momento da saída, ás 21.15 horas, cortarase o acceso e saída de Durmideiras durante 10-12 minutos, e a rúa Regata Cutty Sark terá cortes parciais. Na rampla de acceso á mesma, entre as 21.22 e as 21.50 horas, manterase un carril para a proba e outro para o tráfico, cuxo paso será dado pola Policía Local, e producirase outro corte nesta mesma vía --entre as 21.00 e as 22.00 horas-- desde a baixada do Club do Mar até o cruzamento co Paseo dos Menhires, onde só estará permitido o acceso aos garaxes. Finalmente, tanto no Paseo Marítimo coma na Regata Cutty Sark prohibirase retirar o vehículo.

O dispositivo de tráfico non afectará ao desenvolvemento das carreiras das categorías inferiores, que se sucederán, desde as 17.15 horas, no Paseo dos Menhires. A entrega de premios nas modalidades sub10, sub12, sub14, sub16 e sub18 --a categoría pre-benxamín non é competitiva-- producirase a partires das 19.40 horas, aproximadamente, no Frontón da Cidade Deportiva da Torre, na que se instalarán os servizos de ducha e gardarroupa. No caso da categoría absoluta, os premios ás primeiras persoas en cruzar a liña de meta, situada xunto á Torre de Hércules, outorgaranse contra ás 22.30 horas, despois do peche da proba.

Para máis información sobre esta proba así como do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre, pódese visitar o web www.coruna.gal/carreiraspopulares.

Documentos:

Carreira-Absoluta-Torre-2018.pdf (440 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión