Do 11 ao 17 de decembro de 2023
Para público en xeral
Dende o 11/12/2023 ata o 17/12/2023
Xa rematou
Segundo os datos do Observatorio Europeo para a Seguridade Viaria (ERSO), arredor do 25% de todas as mortes na estrada en Europa están relacionadas co alcol, mentres que, aproximadamente, só o 1% do total de quilómetros percorridos son conducidos por persoas con 0,5 g/l de alcol no sangue ou máis.
A medida que a concentración de alcol no sangue (BAC) aumenta nas persoas condutoras, a taxa de incidencia de accidentes tamén se incrementa. O aumento da taxa de incidencia de accidentes que se deriva dun aumento da taxa de alcoholemia é progresivo. En comparación cunha persoa condutora sobria, a taxa de incidencia de accidente dunha persoa condutora cunha taxa de alcoholemia de 0,8 g/l (sendo este o límite legal en 3 dos 25 estados membros da UE, en España é 0,3 g/l), é 2,7 veces maior que a dunha persoa condutora sobria. Cando unha persoa condutora ten unha taxa de alcoholemia de 1,5 g/l a súa taxa de incidencia de accidente estímase que é 22 veces maior que a dunha persoa condutora sobria.
Non só a taxa de incidencia de accidentes aumenta rapidamente co aumento da taxa de alcoholemia, o accidente tamén se volve máis grave. Cunha taxa de alcoholemia de 1,5 g/l a taxa de incidencia de accidentes de gravidade mortal é aproximadamente 200 veces maior que cando se trata de condutoras/es que non inxeriron alcol.
A Estratexia de Seguridade Viaria establece como un dos seus trece indicadores o seguinte:
· Baixar do 1% os positivos de alcoholemia nos controis preventivos aleatorios.
Unha das intervencións que se deseñaron para combater a inxesta de alcol e drogas durante a condución é a planificación de controis.
A principal razón da posta en marcha desta nova campaña de vixilancia e control, que se levará a cabo entre os días 11 e 17 de decembro, á marxe dos datos de persoas falecidas, é que o aumento dos controis preventivos é un dos factores que está a favorecer un cambio de comportamento da cidadanía sobre esta materia.
EFECTOS DO ALCOL NA CONDUCIÓN
EFECTOS DO ALCOL NA CONDUCIÓN (g/l de alcol en sangue)
De 0,3 ata 0,5g/l (Inicio zona de risco) |
De 0,5 a 0,8g/l (Zona de alarma) |
De 0,8 a 1,5g/l (Condución perigosa) |
De 1,5 a 2,5g/l (Condución altamente perigosa) |
Aumento tempo de reacción |
Peor percepción de distancia |
Graves problemas de percepción |
Graves problemas de percepción, de atención, de control e coordinación |
Subestímase a velocidade |
Problemas de visión |
Grandes problemas de atención e coordinación |
|
Problemas de coordinación |
Incremento da somnolencia |
· De 0,3 a 0,5 g/l: Excitabilidade emocional, diminución da agudeza mental e da capacidade de xuízo.
O risco de sufrir un accidente multiplícase por 2.
· De 0,5 a 0,8 g/l: Reacción xeral máis lenta, alteracións nos reflexos, comezo da perturbación motriz, euforia na persoa condutora, distensión e benestar, tendencia á inhibición emocional, comezo da impulsividade e agresividade ao volante.
O risco de sufrir un accidente multiplícase por 5.
· De 0,8 a 1,5 g/l.: Estado de embriaguez importante, reflexos moi perturbados, perda do control preciso dos movementos, problemas serios de coordinación, dificultades de concentración da vista, diminución notable da vixilancia e percepción do risco.
O risco de sufrir un accidente multiplícase por 9.
· De 1,5 a 2,5 g/l: o risco de sufrir un accidente multiplícase por 15.
Desde hai dous anos estableceuse unha colaboración co Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses (INTCF) e os Institutos de Medicina Legal e Ciencias Forenses (IML) de Murcia e Galicia, cun dobre obxectivo: por unha banda, homoxeneizar as definicións de persoa falecida en accidente de tráfico, así como os criterios de exclusión (suicidio, enfermidade, homicidio); por outro, realizar unha conexión da base de datos do Rexistro Nacional de Vítimas de Accidentes de Tráfico (RNVAT), que contén información detallada das persoas, vehículos, infraestrutura e contorna, coas bases do INTCF e os IML, que conteñen os resultados das probas de alcol e drogas realizadas sobre as mostras tomadas ás persoas condutoras falecidas. Esta colaboración permitiu enriquecer significativamente a cantidade e calidade da información dispoñible sobre o papel do consumo de alcol e drogas na ocorrencia de accidentes.
Lesividade |
Total de persoas condutoras |
Condutoras/es con proba |
% de condutoras/es con proba |
Condutoras/es con proba positiva |
Porcentaxe positiva de alcoholemia |
Persoas falecidas |
781 |
571 |
73% (73%) |
139 |
24% (25%) |
Feridas/os hospitalizadas/os |
2.589 |
840 |
32% (26%) |
91 |
11% (12%) |
Feridas/os non hospitalizadas/os |
23.788 |
15.394 |
65% (62%) |
999 |
6% (7%) |
Sen asistencia sanitaria |
18.468 |
15.808 |
86% (85%) |
637 |
4% (5%) |
Sen clasificar |
521 |
213 |
41% (37%) |
2 |
1% (3%) |
Total |
46.147 |
32.826 |
71% (68%) |
1.868 |
6% (6%) |
Resultados das probas de alcoholemia en condutoras/es implicadas/os en accidente con vítimas. Vías interurbanas. Ano 2017, valores de 2016 subliñado e entre paréntese.
En vías urbanas, 74.086 condutoras/es estiveron implicadas/os en accidentes con vítimas e realizóuselles a proba de alcol ao 14% delas/es.
A porcentaxe de probas dispoñibles no caso de condutoras/es falecidas/os é dun 64%.
No caso das persoas non falecidas, disponse de probas nun 7% de feridas hospitalizadas, un 9% das feridas non hospitalizadas e un 19% de ilesas.
Lesividade |
Total condutoras/es |
Condutoras/es con proba |
% de condutoras/es con proba |
Condutoras/es con proba positiva |
Porcentaxe positiva de alcoholemia |
Persoas falecidas |
174 |
112 |
64% (60%) |
36 |
32% (37%) |
Feridas/os hospitalizadas/os |
2.010 |
145 |
7% (6%) |
52 |
36% (37%) |
Feridas/os non hospitalizadas/os |
32.352 |
3.015 |
9% (10%) |
553 |
18% (18%) |
Sen asistencia sanitaria |
38.207 |
7.248 |
19% (19%) |
1.006 |
14% (13%) |
Sen clasificar |
1.343 |
102 |
13% (7%) |
20 |
20% (24%) |
Total |
74.086 |
10.622 |
14% (14%) |
1.667 |
16% (15%) |
Resultados das probas de alcoholemia en condutoras/es implicadas/os en accidente con vítimas. Vías urbanas. Ano 2017, valores de 2016 subliñados e entre parénteses.
Lesividade |
Total condutoras/es falecidas/os |
Condutoras/es falecidas/os con proba |
% de condutoras/es falecidas/os con proba |
Condutoras/es falecidas/os con proba positiva |
Porcentaxe positiva de drogas |
Vías interurbanas |
781 |
569 |
73% |
84 |
15% |
Vías urbanas |
174 |
114 |
66% |
18 |
16% |
Total |
955 |
683 |
72% |
102 |
15% |
Resultados das probas de drogas en condutoras/es implicadas/os en accidente con vítimas. Vías interurbanas e vías urbanas. Ano 2017
SUBSTANCIA |
Condutoras/es falecidas/os1 |
Porcentaxe |
Cocaína |
48 |
47% (52%) |
Opiáceo |
4 |
4% (6%) |
Anfetamina |
4 |
4% (7%) |
Cannabis |
62 |
61% (52%) |
Ketamina |
1 |
1% (1%) |
Condutoras/es con resultado positivo de drogas |
102 |
100% (100%) |
Substancias nas probas de drogas a condutoras/es con resultado positivo. Vías interurbanas e urbanas. Ano 2017, valores de 2016 subliñados e entre parénteses
Con proba de alcol e/ou drogas realizada |
Con proba positiva de alcol e/ou drogas |
Porcentaxe positiva de alcol e/ou drogas |
|
Condutoras/es falecidas/os |
686 |
226 |
33% (34%) |
Condutoras/es falecidas/os a quen se lle realizou a proba de alcol e/ou drogas e resultado destas. Vías interurbanas e urbanas. Ano 2017, valores de 2016 subliñados e entre parénteses.
IDEAS DE FORZA:
- Aínda que nos creamos en pleno uso das nosas facultades físicas e mentais coa inxesta de alcol estamos a multiplicar o risco de sufrir un accidente.
- Hai que ser consecuente: trata de impedir que outras persoas que bebesen collan o coche. En todo caso, nunca subas ao coche con esa persoa.
- O alcol non só está relacionado cunha maior accidentalidade, senón que tamén repercute nunha maior mortalidade, ao ser un factor relacionado cun peor prognóstico nas lesións sufridas.
- Aínda con taxas de alcoholemia dentro das marxes legais permitidas, o noso nivel de risco de accidente de tráfico pode verse incrementado. A única taxa segura é 0,0%.
NORMATIVA APLICABLE
A aposta da DXT por erradicar as persoas condutoras que se poñen ao volante tras inxerir algún tipo de sustancia psicoactiva é o que levou a este organismo a incrementar as sancións e poñer no punto de mira as reincidentes na Lei de seguridade viaria.
VIA ADMINISTRATIVA: a Lei de seguridade fixa as taxas máximas de alcol permitidas para as persoas condutoras. Así como a prohibición de conducir con presenza de drogas no organismo.
Taxas máximas do alcol permitidas para conducir:
CONDUTORAS/ES |
LÍMITE EN SANGUE |
LÍMITE EN AIRE EXPIRADO |
XERAL |
0'5 gr./l |
0'25 mg/l |
PROFESIONAIS |
0'3 gr./l |
0'15 mg/l |
NOVEIS |
0'3 gr./l |
0'15 mg/l |
VIA PENAL: o capítulo IV do Código Penal tipifica os delitos contra a seguridade do tráfico e establece as seguintes penas por conducir con exceso de alcol e baixo a influencia de drogas.
DELITO |
PENAS |
|
ALCOL |
Taxas superiores a: - 0.60 mg/l en aire - 1,2 gr/l en sangue |
Prisión de tres a seis meses ou multa de seis a doce meses ou traballos en beneficio da comunidade de 30 a 90 días, e privación do dereito a conducir de un ata catro anos. |
Negativa a someterse ás probas |
Prisión de seis meses a un ano e privación do dereito para conducir de un a catro anos |
DELITO |
PENAS |
|
DROGAS |
Conducir baixo a influencia de drogas tóxicas, estupefacientes ou sustancias psicotrópicas |
Prisión de tres a seis meses ou multa de seis a doce meses ou traballos en beneficio da comunidade de 30 a 90 días, e privación do dereito para conducir de un ata catro anos. |
Negativa a someterse ás probas |
Prisión de seis meses a un ano e privación do dereito para conducir de un a catro anos |
SANCIÓNS:
Debido á importancia que este factor ten na sinistralidade viaria, a reforma da Lei de seguridade viaria deu un paso adiante, incrementando as sancións e poñendo as persoas reincidentes no punto de mira.
Para estas persoas condutoras, tomadas como tales aquelas que fosen sancionadas no ano inmediatamente anterior por dar positivo a alcol, a sanción é de 1.000 € e a detracción de 6 puntos.
Esta mesma sanción e detracción de puntos aplícase tamén a aquelas persoas condutoras que circulen cunha taxa que supere o dobre da permitida.
Para os non reincidentes e para os que dean un taxa entre 0,25 e 0,50 mg/l a sanción é de 500 € e a detracción de 4 puntos.
No caso das drogas, a lei prohibe conducir con presenza de drogas no organismo da persoa condutora, quedan excluídas as substancias que se utilicen baixo prescrición facultativa e cunha finalidade terapéutica. Esta infracción catalogada como moi grave está castigada cunha sanción de 1.000 € e a retirada de 6 puntos.
ESTUDO DE LIÑA DIRECTA SOBRE "MITOS E FALSAS CRENZAS SOBRE OS CONTROIS DE ALCOHOLEMIA".
Co obxectivo de concienciar sobre o perigo de consumir alcol antes de conducir, pescudar que opinión e grao de coñecemento teñen as persoas condutoras sobre os controis de alcoholemia e desmitificar a existencia de trucos para enganar o alcoholímetro, Liña Directa Aseguradora elaborou, en colaboración con FESVIAL, este estudo.
Para a súa elaboración realizáronse entrevistas persoais a 1.256 persoas condutoras españolas - tanto de coche como de moto, ciclomotor e vehículos pesados con carnés tipo C e D- de toda España, con idades comprendidas entre os 15 e os 65 anos.
A enquisa realizouse durante 2 semanas (do 13 ao 27 de maio) e ten unha marxe de confianza do 97,2% e un erro mostral de +/- 2,8%.
Ademais das entrevistas, o informe inclúe unha proba empírica sobre o impacto ficticio que estes mitos teñen no organismo.
As principais conclusións que podemos extraer do estudo son as seguintes:
Algunhas persoas condutoras intentan alterar as probas de alcoholemia poñendo en práctica algúns trucos, que responden a unha serie de mitos e crenzas populares que anticipan que realizando este tipo de accións ou prácticas seremos capaces de enganar o etilómetro e librarnos, así, da sanción e a consecuente perda de puntos, o cal daría como resultado unha fórmula perfecta para pasar por encima da lei.
Nada disto funciona, cando se nos practica a proba de alcoholemia realizamos unha longa e continua espiración. Isto é debido a que a primeira porción de aire expirado durante a espiración é aire proveniente das vías respiratorias, polo que non estivo en contacto co sangue e a súa composición non variaría. Unha vez desprazado este volume, expélese o aire dos alvéolos. Este aire é o que sufriu verdadeiramente o intercambio de gases entre sangue e aire e é o valido para a proba, o que fai de todo punto imposible adulterar os resultados.
Durante moitos anos son moitas as afirmacións e prácticas que se foron formando en diferentes núcleos sociais. Algunhas perduran no tempo, xa que son adquiridas polas novas xeracións de mozas e mozos condutores.
Un terzo das persoas entrevistadas (30%) afirma crer que existen trucos que practican algunhas persoas condutoras para enganar os controis de alcoholemia e non dar positivo.
Entre os trucos máis citados destacan:
- Beber café /chupar ou inxerir
-Tomar caramelo/chicle
- Beber auga/tomar xeo
-Facer deporte/suar
-Tomar azucre
-Beber aceite
-Durmir un intre antes de conducir
-Tomar Almax
-Tomar pasta de dentes
-Beber leite
-Soprar amodo/soprar pouco
-etc...
Aínda que o estudo é concluínte en afirmar que ningún destes trucos resulta efectivo para burlar estes sistemas:
-8 millóns de condutoras/es cren poder enganar os controis de alcoholemia.
-Beber ou chupar grans de café é o truco máis coñecido.
-Case a metade das españolas e dos españois oíu falar destas trampas.
-Uns 2,6 millóns de condutoras/es utilizou estas prácticas para intentar non dar positivo.
-Case 3 millóns aproban o seu uso para burlar a proba de alcoholemia.
-2 de cada 3 persoas condutoras españolas non sabe o límite permitido de alcoholemia e o 94% descoñece o límite do delito.
-O 86% considera que os controis de alcoholemia son unha medida preventiva, o 84% entende que constitúe unha medida disuasoria, o 66% cre que os controis de alcoholemia son unha medida recadatoria.
Finalmente, despois de identificar os principais mitos mediante a enquisa, o estudo testou a súa efectividade real probándoos nun home de 75 quilos e nunha muller de 69 quilos, aos que se lles deu cervexa, viño e combinados (xenebra ou vodka con refresco) ata alcanzar a taxa máxima permitida (0,25 mg/l de aire expirado).
Ningún dos trucos do imaxinario colectivo que se testaron nas persoas condutoras resultou funcionar, o que debe contribuír a desterrar definitivamente a validez destas crenzas.
Idea forza:
- Non valen trucos nin estraños inventos para intentar saltar a norma.
ESTUDO DE PREVALENCIA DO CONSUMO DE SUSTANCIAS PSICOACTIVAS ELABORADO POLA DXT EN 2015 (EDAP'15, DXT, 2016)
O 12% de persoas españolas que conducen turismos consumiron algunha droga de comercio ilegal e/ou alcol, antes de conducir. Este é o dato xeral do estudo de prevalencia do consumo de sustancias psicoactivas elaborado pola DXT en 2015 (EDAP´15, DXT, 2016).
Outros datos relevantes do estudo (en base á determinación de sustancias en fluído oral realizada na vía pública, e confirmados en laboratorio), son:
O consumo combinado de distintas sustancias psicoactivas segue sendo un problema importante en España. Un 4% das persoas condutoras participantes no estudo EDAP'15 consumiran máis dunha sustancia antes de conducir.
RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 12/12/16 AO 18/12/16
ALCOL:
Total de probas realizadas: 174
Número total de resultado positivos: 15, dos cales:
-Número de positivos de persoas condutoras noveis: 2
-Número de positivos con infracción administrativa: 10
-Número de positivos con infracción penal: 3
DROGAS:
Número de probas realizadas: 8
Número de positivos: 3, dos cales:
-Un por cocaína + opiáceos
-Dous por anfetaminas + cannabis
Agrupación de Tráfico da Garda Civil |
|||
Probas realizadas |
Probas positivas |
% positivos sobre total probas realizadas |
|
Alcol |
127.892 |
1.394 |
1,09% |
Drogas |
1.417 |
519 |
36,63% |
345 concellos que participaron na campaña |
|||
Probas realizadas |
Probas positivas |
% positivos sobre total probas realizadas |
|
Alcol |
53.377 |
1.203 |
2,25% |
Drogas |
1.105 |
206 |
18,64% |
Campaña realizada no Concello da Coruña |
|||
Probas realizadas |
Probas positivas |
% positivos sobre total probas realizadas |
|
Alcol |
174 |
15 |
8,62% |
Drogas |
8 |
3 |
37,5% |
RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 05/06/17 AO 11/06/17
ALCOL:
Total de probas realizadas: 286
Número total de resultado positivos: 6, dos cales:
-Número de positivos con infracción administrativa: 2
-Número de positivos con infracción penal: 4
-Dilixencias por negativa á proba de alcoholemia: 1
DROGAS:
Número de probas realizadas: 13
Número de positivos: 7, dos cales:
- Cocaína: 5
- Cannabis/THC: 1
- Opioides: 1
RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 11/12/17 AO 17/12/17
- Controis estáticos realizados: 10
- Controlados: 1182 vehículos
- Probas de alcoholemia realizadas: 172
- Probas con resultado positivo en alcol: 1 (taxa de trámite administrativo)
- Probas de drogas realizadas: 9
- Probas con resultado positivo: 2 (unha en cocaína e outra en THC)
RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 04/06/18 AO 10/06/18
- Controlados: 1745 vehículos
- Probas de alcoholemia realizadas: 149
- Probas con resultado positivo en alcol: 0
- Probas de drogas realizadas: 7
- Probas con resultado positivo: 2 (unha en cocaína e outra en THC)
RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 03/06/19 AO 09/06/19
- Dispositivos de controis de alcoholemia e drogas realizados: 21
- Probas de alcoholemia e drogas realizadas: 101 (94 probas negativas e 7 positivas)
- Detalle probas de alcoholemia:
. Número de probas positivas: 4
. Infracción administrativa (taxa 0,25-0,60 mg./l.): 2
. Infracción penal (influencia ou taxa superior a 0,60 mg./l): 2
- Detalle probas de drogas mediante drogotest:
. Número de probas positivas: 3
. Infracción administrativa: 3
. Sustancias:
- Cocaína: 1
- THC (cannabis): 2
RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 09/12/19 AO 15/12/19
- Probas de alcoholemia realizadas: 72
Número de probas positivas: 0
- Probas de drogas realizadas: 5
Número de probas positivas: 3
. Infracción administrativa: 3
. Sustancias:
- Cocaína: 2
- THC: 1
RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 07/12/2020 AO 13/12/2020
- Probas de alcoholemia realizadas: 32
Número de probas positivas: 0
- Probas de drogas realizadas: 2
Número de probas positivas: 2
. Infracción administrativa: 2
. Substancias:
- Cocaína: 1
- THC: 1
RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 16/06/2021 AO 22/06/2021
- Controis realizados: 11
- Vehículos controlados: 914
- Probas de alcoholemia realizadas: 171
- 0 positivos
RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 02/08/2021 AO 08/08/2021
- Controis realizados: 11
- Vehículos controlados: 3570
- Probas de alcoholemia realizadas: 368
- Positivos en alcoholemia: 4 (3 vía administrativa e 1 vía penal)
- Probas de drogas realizadas: 17
- Positivos en drogas: 6 (1 en cocaína, 3 en THC e 2 en cocaína + THC).
RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 05/12/2022 AO 11/12/2022
- Alcoholemias administrativas: 10
- Alcoholemias penais: 8
- Alcoholemias con persoas implicadas en accidente: 1
- Probas de drogas positivas: 3
- Dilixencias delito seguridade viaria (perda puntos, conducir sen permiso etc.): 3
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible