Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de xuño de 2018

A Concellería de Mobilidade Sostible informa de cortes puntuais do tráfico que se producirán na madrugada do xoves na avenida de Lavedra

O Concello recomenda acceder á cidade pola avenida da Pasaxe e do Exército entre as 01.00 e as 05.00 horas do día 21

A Concellería de Mobilidade Sostible informa dos cortes puntuais de tráfico que se producirán na AC-11, na altura do concesionario da SEAT na avenida de Lavedra, entre as 01.00 e as 05.00 horas do xoves 21 de xuño debido aos traballos de desmontaxe das liñas de media tensión que cruzan a infraestrutura.

Esta actuación suporá o desvío provisional do tráfico. En sentido de saída da cidade, os vehículos circularán cara á estrada de Pocomaco, seguindo pola avenida da Universidade e rúa Lamelas ata saír de novo á avenida da Vedra. Para a entrara á cidade, a circulación rodada manterase pola AC-11, que terá un carril habilitado, no que se producirán seis cortes puntuais cunha duración máxima de 10 minutos entre as 01.00 e as 05.00 horas. A Concellería de Mobilidade Sostible recomenda empregar un itinerario alternativo de acceso á cidade que discorre pola AC-12, avenida da Pasaxe e avenida do Exército. Este camiño amosarase nos paneis da Dirección General de Tráfico, que informarán tamén dos cortes.

A Policía Local encargarase de realizar os cortes puntuais de entrada na cidade, autorizados polo Ministerio de Fomento, en coordinación coa empresa responsable da obra.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión