17 de abril de 2018
Rocío Fraga destaca que a actividade, dirixida a nenos e nenas de Primaria, realízase nunha idade “na que comezan a ter autonomía como peóns”
Medio cento de alumnos e alumnas de cuarto curso de Primaria do colexio Eirís participaron hoxe nunha actividade para o fomento da seguridade viaria organizado pola Concello co obxectivo de que os nenos e as nenas participen de maneira activa na mobilidade da cidade. Como explica a responsable da área de Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, esta iniciativa "permite que desenvolvan e integren condutas seguras respecto ao tráfico nunha idade na que comezan a ter autonomía como peóns e a utilizar as bicicletas como vehículo, así como axudarlles a tomar conciencia da importancia do medio na cidade".
A actividade consistiu en guiar ao alumnado na súa interacción na rúa co tráfico de vehículos e peonil e fomentar a súa visión crítica. Así, as rapazas e rapaces traballaron divididos en dous grupos. No primeiro realizaron un labor de observación das accións de todo tipo de tráfico e anotaron nun boletín de denuncias simbólico aquelas que consideraron inconvintes e sancionables. Mentres, o segundo grupo repartiu flores de papel entre os e as cidadás que tiveron condutas cívicas ou que promovesen a mobilidade sostible. A valoración dos resultados de ambos grupos incluiu tamén un debate sobre que actuacións poderían recomendar como usuarios e usuarias da vía pública para promover o uso do transporte sostible. Neste sentido, o concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, explicou "que este tipo de actividades axudan a que os nenos e nenas tomen conciencia de todos os tipos de transporte que teñen que ter cabida nas nosas rúas e que as bicicletas e o transporte público son claves para ter una cidade más limpa e máis transitable".
Finalmente, o alumnado presentou no rexistro municipal as súas suxerencias para mellorar a seguridade vial da cidade, que foro tamén recollidas pola concelleira Rocío Fraga. Esta actividade repetirase tamén con alumnos de quinto de Primaria. Tal e como avanzou Fraga, as accións de concienciación arredor da mobilidade sostible continuará o Día Internacional da Bicicleta, que se celebra este xoves, no que o alumnado da Educación Secundaria do IES Monelos, acompañados de nais, pais e profesorado, realizarán unha saída en bicicleta que rematará cunha visita teatralizada ao Castelo de San Antón e un circuíto de habilidades. Os máis de 100 rapaces e rapazas que tomarán parte nesta saída participaron xa en charlas de sensibilización sobre educación vial, biomecánica e ergonomía da bicicleta.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible