Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Seguridad ciudadana

Cuándo:

2 de octubre de 2018

O Concello desenvolve neste trimestre unha campaña específica da Policía Local de control do aparcamento para “previr e corrixir situacións que dificultan a mobilidade e a seguridade”

A edil responsable de Seguridade Cidadá indica que esta iniciativa, que vén reforzar unha liña prioritaria da Policía Local, busca solventar situacións de aparcamento irregular en beirarrúas, pasos peonís, paradas de transporte urbano, carga e descargar e zonas reservadas para persoas con diversidade funcional

O Goberno local pon en marcha no último trimestre do ano unha campaña específica para o control do estacionamento en zonas onde non está permitido, en especial nos casos nos que os vehículos se atopen sobre a beirarrúa e áreas destinadas a peóns, paradas de bus e áreas de carga e descarga, así como as zonas reservadas para persoas con diversidade funcional. A edil responsable de Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, indica que a Policía Local "reforza deste xeito unha das que se ven identificando como unha liña principal de actuación que se mantén durante todo o ano cunha campaña específica que fai fincapé en previr e corrixir as situacións que dificultan a mobilidade na cidade e, en especial, a seguridade das persoas usuarias das diferentes vías". A campaña comeza esta semana e manterase ata mediados do mes de decembro.

A sección de Disciplina Vial da Policía Local será a encargada de levar a cabo a campaña, para a que contará co reforzo do vehículo AVI e unidades de motoristas, así como os e as axentes que fan patrulla a pé nos barrios. Tal e como indica a responsable municipal, durante esta campaña especial controlaranse de maneira intensiva os puntos localizados pola Policía Local nos que se cometen de maneira habitual infraccións de aparcamento, sobre todo as que "molesten, perturben ou poñan en risco" o tránsito peonil por estacionar en beirarrúas, diante de pasos peonís ou zonas axardinadas, a correcta circulación do transporte urbano ou fagan uso irregular dos espazos reservados para carga e descarga ou para persoas con diversidade funcional. Neste sentido, vixiarase que se cumpran os tempos máximos de uso, que non se ocupen as beirarrúas, e que os vehículos estacionados en espazos reservados para mobilidade reducida teñan tarxetas válidas. "Neste último caso, para garantir o dereito das persoas usuarias e causarlles o menor prexuízo posible, temos variado o protocolo de actuación grazas ao traballo co grupo de accesibilidade Coruña e a unidade de xestión da diversidade. Así, para facer máis áxil o sistema, cando hai un aviso dun vehículo non autorizado estacionado nunha praza de mobilidade reducida, acúdese directamente coa grúa, cando antes acudía primeiro a Policía a tramitar a multa correspondente e logo daba aviso ao guindastre", apunta Fraga. Durante a campaña, os e as axentes implicadas poñerán tamén especial énfase en sancionar a aqueles e aquelas condutoras que estacionen en esquinas, diante de contedores ou isletas e que resten visibilidade, así como en dobre fila.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?