Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Seguridad ciudadana

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

1 de marzo de 2019

O Concello establecerá mañá un dispositivo especial de tráfico con motivo da celebración do Desfile de Entroido

As liñas de transporte público urbano modificarán os seus itinerarios este sábado así como na xornada festiva do Martes de Carnaval

A Concellería de Mobilidade Sostible establecerá mañá, sábado 2, un dispositivo especial de tráfico no barrio de Pescaría co gallo da celebración do tradicional Desfile do Entroido, así como dos concursos de carrozas e comparsas na modalidade de vestiario e coreografía. A comitiva partirá ás 17.30 horas do Cantón Pequeno cara á Praza de María Pita, pasando polo Cantón Grande, avenida da Mariña, avenida de Montoto e María Barbeito.

En canto á afección ao tráfico, entre as 15.30 horas e as 20.00 horas estará pechado á circulación o Cantón Pequeno, co que se suprimirá o acceso do bus urbano e interurbano cara á Mariña e se manterá o tráfico por avenida do Porto e Juana de Vega --sentido entrada á cidade-. No caso de Durán Loriga, mantense cara a Santa Catalina, Entrexardíns e Avenida do Porto. O dispositivo tamén afectará á rúa Juana de Vega --que se pechará na calzada cara á Praza de Mina, mantendo aberto o sentido cara á praza Pontevedra-- e Sánchez Bregua --no sentido saída da cidade, mantendo o tráfico cara á praza de Mina--. Xa entre as 17.30 e as 20.30 horas, o corte será total no Cantón Grande, avenida da Mariña e avenida de Montoto, polo que o tráfico se desviará desde o Paseo do Parrote e o transporte público sairá polo túnel da avenida do Porto. Cómpre lembrar que a parada dos interurbanos na rúa Entrexardíns suprimirase entre as 15.30 e as 20.00 horas, polo que o autobús metropolitano dará a volta na Palloza-Catro Camiños.

A posta en marcha deste dispositivo provocará a supresión do estacionamento en  Entrexardíns entre as 10.00 e as 23.00 horas --mantendo libre a parada do transporte interurbano-- e, desde as 15.30 e até as 20.00 horas, na rúa Juana de Vega --no sentido saída da cidade--. Unha vez rematado o desfile, contra ás 20.00 horas, a orquestra Foliada amenizará a festa na propia Praza de María Pita, na que un xurado entregará os premios ás comparsas e carrozas gañadoras desta edición do certame.

As liñas de transporte público 1, 1A, 2, 2A, 3, 3A, 5, 7, 21, 22, 23 e 23A veranse afectadas polo desfile. As liñas 3 e 7, a partir das 15:30h, pasarán a circular desde Santa Catalina por San Andrés, rúa Alta, Paseo Marítimo, rúa Hospital, Campo da Leña, Veramar e Abente y Lago, onde recuperarán  o seu itinerario habitual. Pola súa banda, a liña 3A, no sentido Durmideiras cara á praza de Pontevedra, circulará pola avenida de Navarra, rúa da Torre, Campo da Leña, Panadeiras e San Andrés para incorporarse en Juan Flórez ao seu itinerario habitual.

No caso das liñas 1, 1A, 2, 2A, 5, 17, 23 e 23A, desde Praza de Ourense circularán, desde a praza de Ourense, pola avenida do Porto --punto no que se instalarán paradas provisionais en ambos sentidos--, túnel do Parrote e glorieta dás Ánimas. As autobuses 5 e 17 continuarán polo Abente y Lago e Maestranza, onde se incorporarán ao seu itinerario habitual, mentres que as restantes --1, 1A, 2, 2A, 23 e 23A-- regresarán polo Túnel do Parrote e avenida do Porto até a praza de Ourense, onde recuperarán o seu itinerario habitual. No caso da liña 17, no sentido de circulación cara ao CHUAC, desde Mestranza baixará á glorieta das Ánimas, para continuar polo túnel do Parrote, avenida do Porto e Praza de Ourense, onde recuperará o seu itinerario habitual.

Pola súa banda, as liñas 21 e 22, desde Catro Camiños, circularán por Castiñeiras, Federico Tapia, praza de Galicia e Francisco Mariño, para ter a cabeza de liña en Juan Flórez, 10 --punto no que o 22 recupera o seu itinerario--. A liña 21 continuará cara a San Pedro de Mezonzo, Catro Camiños e Ramón y Cajal, punto no que se reincorporará ao seu percorrido cotiá. Finalmente, as liñas 24 e UDC desde a avenida de Alfonso Molina, circularán por Federico Tapia, praza de Galicia e Francisco Mariño facendo cabeza de liña en Juan Flórez. 

Martes de Entroido

O barrio de Monte Alto centralizará a actividade festiva durante o Martes de Entroido. Durante a mañá, entre as 10.00 e as 14 horas nas pistas de petanca de Santo Amaro, celebrarase o Torneo Choqueiro de Petanca --cuxas inscricións se poden realizar a través do Club Petanca Coruña--; entre as 11.30 e as 14.30 horas o campo da Leña acollerá unha festa infantil de inchables; e a partires das 13.15 horas comezarán as ofrendas florais a Canzobre, San José e Palau. Xa pola tarde, sucederanse os pasacalles na rúa da Torre e contorna --entre as 17.00 e as 21.00 horas--, da man de Viravolta Títeres e de Cabezudos, e os concursos de disfraces. Ademais. Rockers go to hell ofrecerá dous concertos ao peche dos certames --ás 19.15 e ás 21.00 horas--.  

Debido á previsión de tránsito peonil e de participación cidadá nos distintos concursos de disfraces choqueiros, o Concello despregará tamén un dispositivo especial de tráfico, que afectará a rúa Tore e contorna, incluíndo Panadeiras, Cordonería e San Andrés, até o cruzamento con Sol. No marco da celebración das ofrendas florais pola mañá, cortaranse puntualmente á circulación, entre as 13.45 e as 14.15 horas, a rúa Torre e a praza Juan Manuel Iglesias Mato, desde praza do Parque até San José. A partir das 13.30 horas procederase o peche á circulación das rúas San José, San Xoán --contra ás 14.00 horas--e, desde as 15.30 horas, na rúa Torre, desde a avenida de Hércules até o Campo da Leña. Como é habitual, o dispositivo tamén implicará a supresión de estacionamento, que afectará principalmente ás rúas San José e San Xoán --nas dúas marxes-- de 08.00 a 23.00 horas, e a rúa Torre, entre as 15.30 e as 00.00 horas.

En canto ao transporte público urbano, as liñas 4, 6 e 6A circularán desde San Andrés e rúa Alta polo Paseo Marítimo até a glorieta das Lagoas, Torrente Ballester e rúa Beiramar, para incorporarse na rúa Orillamar ao seu itinerario habitual. Á volta, desde a avenida de Hércules, as liñas 4, 6, 6A, 7 e 11 circularán cara á Praza de Pontevedra por Ramón del Cueto, Curros Enríquez e Paseo Marítimo, incorporándose por Modesta Goicouría á praza de Pontevedra, onde recuperarán os seus percorridos. Como as liñas 4, 6, 6A, 7 e 11 non poderán acceder á parada situada fronte ao IES Eusebio da Guarda, pararán fronte ás oficinas do Real Club Deportivo.

A liña 17 circulará, desde a avenida de Hércules, por Ramón del Cueto, Curros Enríquez e Paseo Marítimo --cara á Torre de Hércules--, continuando por esta vía cara a rúa Veramar e incorporándose así, en Metrosidero, ao seu itinerario regular. Finalmente, a liña 5, desde a súa saída en Durmideiras, continuará pola avenida de Navarra e rúa Torre e incorporarase á avenida de Hércules para baixar por Ramón del Cueto, Curros Enríquez e Paseo Marítimo. En Modesta Goicouría virará cara á praza de Pontevedra, facendo parada fronte ás oficinas do Real Club Deportivo, para recuperar, desde ese punto, a súa ruta cara a Juan Flórez.

Enterro da Sardiña

O mércores 6 terá lugar o peche do Entroido coa celebración do Enterro da Sardiña. Por este motivo, de 15.00 a 23.00 horas pecharase a baixada ao Club del Mar. Xa pola tarde, a partir das 18.00 horas, e até as 20.30 horas, pecharase a rúa Areal, entre a avenida de Hércules e a rúa Lúa. De 19.30 a 21.00 horas, producirase o corte puntual en función do paso da comitiva, que sairá da rúa Areal, para continuar pola avenida de Hércules, rúa Torre e Campo da Leña. Desde alí, a partires das 21.00 horas, a comitiva avanzará por Baltasar Pardal Vidal, rúa Torre e Manuel García Canzobre para chegar, finalmente, á praia de Santo Amaro.

Documentos:

Programa Entroido 2019 (1 MB)

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?