Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de xuño de 2019

O Concello pechará mañá o acceso a praias, parques e xardíns ante a alerta laranxa activada por temporal

O goberno local prega á cidadanía precaución e chama a evitar situacións de risco ante a situación meteorolóxica

O Concello da Coruña despregará este xoves, 6 de xuño, un dispositivo especial de seguridade ante a previsión meteorolóxica, que alerta de fenómenos costeiros adversos no mar e refachos de vento en terra. Desde as 12.00 horas de mañá limitarase o acceso aos areais da cidade, que permanecerán pechados durante toda a xornada, así como ás zonas verdes da cidade --parques e xardíns--, e áreas infantís, ás que non se poderán acceder ante os fortes ventos previstos polos servizos de emerxencias, que chegarán até os 100 km/hora. Ao longo da mañá os servizos de seguridade iniciarán o precintado destes espazos. Este dispositivo afectará tamén á Casa das Ciencias, situada no Parque de Santa Margarita, ao igual que á Torre de Hércules e o seu Centro de Interpretación e de Atención ás persoas Visitantes (CIAV).

O goberno local lembra á veciñanza a importancia de seguir as recomendacións dos servizos de seguridade e emerxencia municipais así como de extremar as precaucións para evitar situacións de risco innecesarias, como non achegarse a zonas próximas ao litoral para tomar fotografías ou vídeos ante hipotéticos golpes de mar, ou evitar deixar obxectos xunto ás xanelas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión