Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de xaneiro de 2019

O Goberno local avalía co sector do taxi a implantación dos vehículos con licenza VTC, "co obxectivo de controlar que cumpren coa normativa vixente"

O edil Daniel Díaz Grandío e a concelleira Rocío Fraga mantiveron esta semana unha nova xuntanza con representantes do colectivo, ao que informaron do labor de vixilancia da Policía Local, que realizou oito intervencións de control sobre vehículos con este tipo de autorización desde o mes de decembro

O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, e edil responsable da área de Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, mantiveron esta semana unha nova xuntanza con representantes das asociacións de taxistas de Coruña, ás que trasladaron o labor que o Concello da Coruña está a realizar "de cara á garantir a defensa dun servizo de transporte público, con tarifas reguladas e no que se aseguran uns mínimos de calidade", e que pasa polo control e seguimento da Policía Local ás actuacións que están a desenvolver as empresas con licenzas VTC instaladas na cidade.

A raíz do inicio da actividade deste tipo de iniciativas empresariais no termo municipal, Goberno local e as entidades RadioTaxi e Teletaxi comezaron unha rolda de contactos "ante o preocupación do sector pola defensa deste servizo público", segundo explica Daniel Díaz Grandío. "Seguindo este obxectivo, e aínda que o Concello non ten competencias sobre a regulación das licenzas VTC, o que si pode garantir a administración local é o labor de control, mediante a Policía Local, do cumprimento da lexislación". Así, desde o mes de decembro, o corpo municipal requiriu documentación e fixo seguimento até en oito ocasión sobre vehículos que dispoñen deste tipo de licenza para operar na Coruña, e que permite o transporte discrecional de persoas pasaxeiras baixo a amparo desa autorización. En dúas das intervencións, confirmouse o transporte de viaxeiras, "mentres que nos restantes casos se tramitou informe, que se remitiu á Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta, de cara ao estudo de posibles infraccións", segundo apunta a concelleira Rocío Fraga, quen advirte que a Policía Local "estará atenta para garantir que estes vehículos cumpren todos os requirimentos marcados pola normativa vixente, como é ofrecer este servizo unha vez sexa contratado". "En lugares de afluencia de público, en horario nocturno, detectouse a disposición de vehículos para recoller xente. Isto non é unha función legal, xa que a autorización da que dispoñen impide ofrecer este servizo se non foi contratado previamente", incide Fraga, quen ao fío pide á cidadanía "responsabilidade" respecto á esta situación e recomenda que, no caso de utilizar estes vehículos "previa contratación a través da aplicación móbil ou vías legais que así o permitan", as persoas usuarias "comproben que estes leven sempre visible o adhesivo de servizo público así como a tarxeta que os identifica como VTC".  Neste sentido, o titular de Mobilidade Sostible lembra que o Concello, como administración, "ten a obriga de vixiar que se cumpra a normativa dun servizo regulado, que conta cuns prezos aprobados por estamentos públicos, e que garanten uns mínimos de calidade", fronte á chegada "dun servizo privado que, ante a alta demanda, pode disparar os seus prezos en detrimento das persoas usuarias".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión