Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de abril de 2018

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

Dende as 07.00 horas do 17 de abril até as 07.00 horas do 19 de abril do 2018

12 PERSOAS DENUNCIADAS POR NON RESPECTAR OS PRECINTOS DE ACCESOS ÁS PRAIAS EN ALERTA LARANXA

- O Concello pechou desde as 12.00 horas do 17 até as 08.00 horas do 18 de abril os accesos ás praias, ante a previsión de fenómenos costeiros pola chegada dun temporal que obrigou a activar a alerta laranxa no mar. Dende a Área de Seguridade Cidadá tomáronse as medidas preventivas e de vixilancia, de acordo aos protocolos existentes, polo que se acotou con cinta policial de acceso prohibido aos areais a partir das 11.00 horas do 17 de abril e reabriuse a partir das 09.00 horas do 18 de abril. Así mesmo, distintas dotacións supervisaron os acoutamentos referidos para evitar situacións de risco e denunciaron a un total de 12 persoas: catro pola mañá, sete pola tarde, e na noite do 17 ao 18 de abril a unha persoa. O non respectar as restricións nas zonas acoutadas de acceso ás praias, o que lles pode supoñer unha sanción de 100 até 600 euros e a un deles unha sanción de 601 ata 30.000 euros. Estas persoas infrinxiron así a Lei Orgánica 4/2015, de protección da Seguridade Cidadá, ao non por desobedecer as órdenes dos axentes ao volver á zona acoutada pouco tempo despois de ser desaloxado sen denuncia. Ás 18.00 horas do 17 de abril, coincidindo coa pleamar, a auga chegou en varias ocasións até o Paseo Marítimo á altura do hotel Riazor, polo que foi necesario desviar o tránsito peonil até as 19.30 horas no tramo comprendido entre a rúa Modesta Goicouría e a glorieta das Catalinas.

CONTROIS PREVENTIVO-DISUASORIOS DE SEGURIDADE VIARIA

- Ás 10.35 horas do 17 de abril, unha dotación deu o alto a un turismo na Rolda do Real Club Deportivo da Coruña e detectou que o seu condutor presentaba signos de acharse baixo os efectos de substancias estupefacientes. O home, de 57 anos, arroxou uns resultados positivos nas probas de drogas, pola presenza de opiáceos no organismo, polo que se lle tramitou unha denuncia administrativa que poderá supoñerlle unha sanción de 1.000 € e a perda de 6 puntos do seu permiso de conducir. Do vehículo que conducía fíxose cargo un coñecido do condutor habilitado e en condicións normais para conducir.

DETIDO POR ATENTADO A AXENTE DA AUTORIDADE

- Ás 23:15 horas do 17 de abril, unha patrulla foi comisionada pola Sala Operativa do 092 porque un home estaba a agredir aos sanitarios dunha ambulancia do 061 na vía pública. Xa no lugar, o persoal médico da ambulancia explicou á dotación que, intres antes, recriminaran a un mozo que estaba a causar danos en vehículos estacionados. A dotación dirixiuse ao mozo, que estaba tirado no chan, para interesarse polo seu estado, momento no que comezou a berrar e a insultar á patrulla. O mozo negouse a facilitar os datos para seren identificado, momento no que cuspiu na cara a un dos axentes, á vez que lanzou unha puñada a outro dos axentes que logrou esquivala. O home, de 28 anos, foi neutralizado e esposado, pero no intre en que estaba a ser introducido no vehículo policial, comezou a convulsionar, polo que se solicitou aos sanitaros do 061, aínda alí presentes, unha primeira atención do novo. Ao sacar ao mozo do vehículo policial, este comezou a falar con normalidade, polo que os sanitarios informaron que probablemente estivera a finxir as convulsións, dada a pronta recuperación. A pesar diso, para maior seguridade, o detido foi trasladado ao Hospital CHUAC para unha mellor valoración, polo que foi acompañado na ambulancia pola dotación que continúo a recibir insultos e ameazas durante todo o traxecto. Unha vez no complexo hospitalario, o mozo negouse a ser asistido e continuou coa mesma actitude contra o persoal sanitario. De regreso ao vehículo policial, o detido comezou a lanzar patadas contra a patrulla, chegando a impactar nun deles, sendo necesaria a forza mínima imprescindible para introducilo no vehículo de novo. No traslado a dependencias policiais, o mozo comezou a golpear a xanela traseira do coche ata conseguir arrincala. O detido quedou ingresado nos calabozos policiais a disposición xudicial, onde se lle tramitou unha denuncia por un concurso de dous delitos: atentado a axente da autoridade no exercicio das súas funcións e de danos en bens afectados ao servizo dos membros dos Corpos e Forzas de Seguridade. Outra dotación policial trasladouse ao lugar dos feitos para valorar os posibles danos nos vehículos estacionados e realizar as indagacións necesarias para localizar aos propietarios.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión