Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de agosto de 2018

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

Dende as 07.00 horas do 25 até as 07.00 horas do 27 de agosto do 2018

PERSOAS FALECIDAS

- Ás 10.00 horas do 26 de agosto, unha patrulla da Policía Local foi comisionada a través da Sala 092 para que se achegase á praia da zona de San Roque de Fóra, onde se alertara da presencia dun corpo flotando na auga. Unha vez no lugar, confirmouse que se trataba dunha veciña da Coruña de 77 anos que, segundo os seus familiares, faltaba da casa dende primeira hora do día. A dotación colaborou coa ambulancia e coa Policía Nacional para sacar o corpo da auga, quedando á espera da autoridade xudicial para o levantamento legal do cadáver.

- Ás 17.50 horas do 26 de agosto, o persoal municipal que estaba a colaborar na celebración da Romaría do Parque de Santa Margarida deu aviso de que unha persoa estaba inconsciente no chan. Ao lugar desprazouse unha ambulancia medicalizada do 061 que, tras realizar as tarefas de reanimación cardio-vascular, certificou o falecemento deste home de 74 anos. Deuse aviso á Policía Nacional e á autoridade xudicial para o levantamento do corpo.

DETIDO POR VIOLENCIA DE XÉNERO

- Ás 03.29 horas do 26 de agosto, unha dotación trasladouse a un local de lecer nocturno da rúa Socorro, onde segundo unha chamada á Sala do 092, un home pegáralle a unha muller. A patrulla entrevistouse coa empregada do control de acceso ao local, que relatou como a muller fora vítima dunha agresión por parte dun home que se atopaba no exterior. Un dos axentes achegouse á muller, que estaba cunha bolsa de xeo sobre o pómulo esquerdo, onde presentaba un forte hematoma, así como o lóbulo da orella esquerda inchado. A muller manifestou que fora golpeada por un mozo co que non tiña ningunha afinidade. O outro axente entrevistouse co presunto agresor que recoñeceu que discutira coa súa parella e que tirara unha botella de vidro preto dela, e que ao ver que estaba moi nerviosa losqueouna. O axente que se atopaba coa muller volveu a preguntarlle se tiña algunha relación co home, ao que respondeu que eran parella pero que non quería interpoñer denuncia. Unha testemuña dos feitos recoñeceu á dotación que vira como a parella estaba a discutir e como, posteriormente, o home a agredira. A patrulla detivo ao home, informándolle do motivo da mesma e dos dereitos que lle asisten, e foi trasladado a un centro médico para ser curado das feridas que presentaba na man dereita polos cristais da botella. Posteriormente, o detido, un home de 47 anos, foi denunciado por un delito de violencia de xénero, quedando a disposición xudicial nos calabozos policiais.   

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión