Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de setembro de 2018

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

Dende as 07.00 horas do 22 até as 07.00 horas do 25 de setembro do 2018

DETIDO POR AMEAZAS E AGRESIÓNS A PARTICULARES E A AXENTES DA AUTORIDADE

Á 01.30 horas do 23 de setembro, recibiuse unha chamada na sala operativa do 092 que denunciaba que un home estaba a  ameazar cunha arma branca aos clientes dun bar do Paseo de Ronda. Xa no lugar, unha dotación entrevistouse co encargado do local, un home de 45 anos, que manifestou que un veciño coñecido da zona, en estado ebrio, ameazara de morte cun coitelo aos alí presentes con frases como "vouvos matar a todos". Coa descrición física facilitada polo encargado, a patrulla localizou a este veciño nun estado alterado nunha rúa da contorna e tras identificalo de forma verbal, porque non portaba documentación, voltou ao establecemento co fin de recompilar máis dos feitos. Nese intre, o denunciado entrou novamente no local e comezou a increpar ao seu responsable e á patrulla, até chegar a dar unha puñada na cara a un dos policías, que conseguiu esquivalo, e golpeou no ombreiro a outro policía. Este home, de 34 anos, foi reducido e detido por un concurso de delitos de ameazas a particulares e a axentes da autoridade así como por resistencia grave a axentes da autoridade no exercicio das súas funcións. Ao lugar desprazouse outro vehículo policial do 092 en apoio á intervención e, coa colaboración do encargado do local, localizaron na contorna a arma branca, que estaba rota en dúas partes.

DETIDO POR MALOS TRATOS A ANIMAIS

Ás 23.49 horas do 24 de setembro, unha patrulla foi requirida pola Sala do 092 para que se trasladase á rúa Eirís de Arriba, onde ao parecer, un individuo estaba a golpear cun pau salvaxemente a uns gatos, chegando a matar a algún deles. Unha vez no lugar, a dotación localizou a dous gatos mortos, con golpes na cabeza, e entrevistouse coa requirente do servizo que relatou como ese home golpeara a varios gatos cun pau e lanzáraos por enriba dun tellado, chegando a lanzar un deles contra o seu vehículo. Esta testemuña indicou a descrición física, a vestimenta e a vivenda onde se refuxiara o agresor dos animais. Este home, de 59 anos, foi detido e posto a disposición xudicial por un presunto delito de malos tratos a animais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión