Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de marzo de 2019

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

Dende as 07.00 horas do 4 de marzo até as 07.00 horas do 7 de marzo do 2019

DÚAS DETIDAS POR ROUBO CON VIOLENCIA E INTIMIDACIÓN EN ESTABLECEMENTO PÚBLICO

- Ás 15.30 horas do 4 de marzo, unha axente que estaba fórza de servizo nun supermercado da zona de Oza observou unha discusión entre varias empregadas e dúas mozas que pretendían sacar ás agachadas unhas colonias. Unha destas clientas comezou a gritar que non tocasen ao seu bebé, poñéndoo por diante mentres tentaba saír pola porta, polo que a axente identificouse e tentou mediar. Tras comprobar que se trataba dun boneco, a axente requeriu a presenza dunha dotación policial para aclarar os feitos, momento no que  as mozas tentaron abandonar o lugar á forza golpeando e ameazando de morte tanto á axente como ás empregadas até a chegada do reforzo policial. As mozas foron denunciadas por un concurso de delitos de roubo con violencia e intimidación e de ameazas-resistencia grave a axente da autoridade no exercicion das súas funcións.

CONTROIS PREVENTIVO-DISUASORIOS DE SEGURIDADE VIARIA

- Ás 07.24 horas do 5 de marzo, na rúa Pórtico de San Andrés, un condutor de 25 anos arroxou uns resultados positivos (0,57 e 0,55 mg/l) na proba de alcoholemia, polo que foi sancionado cunha multa de 1.000€ e coa retirada de 6 puntos no seu permiso de conducir. Do vehículo fíxose cargo un coñecido do condutor.

- Ás 08.05 horas do 5 de marzo, na rúa Marcial del Adalid, un condutor arrroxou uns resultados positivos (0,59 e 0,58 mg/l) na proba de alcoholemia que se lle realizou. O condutor, de 42 anos, foi sancionado cunha multa de 1.000€ e coa retirada de 6 puntos do seu permiso de conducir. O vehículo foi inmobilizado e retirado cun guindastre ao Depósito municipal.

DETIDOS POR RESISTENCIA GRAVE A AXENTES DA AUTORIDADE NO EXERCICIO DAS SÚAS FUNCIÓNS

- Ás 13.17 horas do 6 de marzo, unha patrulla da Policía Local que acudira a comparecer nun xuízo, colaborou cun axente da Policía Nacional na detención de dous homes no control de accesos ao Xulgado de Garda da Coruña. Un dos detidos negárase a pasar polo arco de seguridade e insultara ao policía de control de accesos. Ao mesmo tempo, outros familiares e amigos do detido que estaban fóra das instalacións, abalanzáronse sobre este policía e agredírono até que a dotación da Policía Local interveu. Este home e un fillo que se sumara á agresión foron detidos e trasladados a dependencias policiais, onde quedaron custodiados a disposición xudicial.

CONCURSO DE DELITOS DE DESOBEDIENCIA E RESISTENCIA GRAVE A AXENTES DA AUTORIDADE NO EXERCICIO DAS SÚAS FUNCIÓNS

- Ás 05.32 horas do 7 de marzo, unha patrulla detectou un vehículo co portelo do condutor aberto estacionado sobre un paso de peóns na rúa Pintor Joaquín Vaamonde. Aos poucos metros, un home estaba tirado na vía pública cos ollos abertos e cos beizos amoratados. O home non respondía a ningún estímulo, polo que a dotación tentou reanimalo cun desfibrilador portátil durante uns dez minutos até a chegada da ambulancia do 061. Os técnicos sanitarios continuaron coas manobras de reanimación durante uns 15 minutos até que determinaron o falecemento do mozo de 31 anos. Desde a Sala 092 deuse aviso á autoridade xudicial e forense para o levantamento do cadáver e á Policía Nacional para a investigación dos feitos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión