Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de abril de 2019

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

Dende as 07.00 horas do 7 de abril até as 07.00 horas do 12 de abril do 2019

DETIDA POR AGRESIÓN CON ARMA BRANCA

- Ás 17.45 horas do 7 de abril, unha patrulla da Policía Local foi requirida pola Sala 092 para que acudise a un establecemento da zona do barrio dos Rosais onde se producira unha agresión con arma branca. Unha vez no lugar, un axente libre de servizo e testemuña dos feitos explicou como unha muller ameazara a un home cun coitelo e puxéranse a forcexear tras pechar a porta do local. No intre no que a dotación entrou no local a muller soltou o coitelo e explicou que discutiran porque o home reprobara o seu comportamento polo que lle asestara varios golpes. O home, que presentaba un corte na man esquerda, contusións no ollo dereito e unha abrasión no brazo esquerdo, foi atendido no lugar polo persoal sanitario dunha ambulancia. A muller, de 52 anos, á que se lle incautou un coitelo de cociña de 16 cm de folla, foi detida e trasladada a dependencias policiais onde se lle tramitou denuncia por un delito de lesións.

DETIDO POR UN PRESUNTO DELITO DE VIOLENCIA MACHISTA

- Ás 19.30 horas do 9 de abril, unha dotación trasladouse á confluencia de rúa Torre con Ponche Anido, onde, segundo unha chamada ao 092, un home golpeara a unha moza deixándoa tendida no chan e escapara pola rúa Torre coa cara ensanguentada. No lugar, a patrulla localiza a unha parella que estaba a discutir. A moza explicou que tivera unha discusión co seu compañeiro sentimental e que este a tirara ao chan e lle propinara varias patadas na cabeza polo que quería presentar denuncia. Estes feitos foron ratificados por unha testemuña. A muller foi trasladada nunha ambulancia ao CHUAC para ser atendida das feridas que presentaba. O home, de 32 anos, foi detido e trasladado aos calabozos policiais, onde foi denunciado por un delito de violencia de xénero.

CONTROIS PREVENTIVO-DISUASORIOS DE SEGURIDADE VIARIA

- Ás 19.50 horas do 7 de abril, tivo lugar un accidente de tráfico na estrada de acceso ao porto no que estiveron implicados dous turismos en movemento. Un dos conductores, un home de 31 anos, arroxou uns resultados positivos nas probas de alcoholemia (0.70 e 0.73 mg/l de aire expirado) polo que se lle tramitaron dilixencias por un delito contra a seguridade viaria ao xulgado de garda e á Fiscalía. O vehículo que conducía foi inmobilizado e trasladado ao Depósito municipal como medida cautelar de seguridade viaria.

- Ás 21.10 horas do 7 de abril, produciuse un accidente de circulación da clase `saída de vía´ na glorieta da estrada de Baños de Arteixo. O condutor presentaba signos evidentes de atoparse baixo os efectos das bebidas alcohólicas, polo que foi requirido para a realización das probas de alcoholemia. O home, de 68 anos, arroxou uns resultados de 0.90 e 0.88 mg/l de aire expirado e tramitáronselle dilixencias ao xulgado de garda e ante a Fiscalía por un delito contra a seguridade viaria. O vehículo que conducía foi inmobilizado e trasladado ao Depósito municipal como medida cautelar de seguridade viaria.

- Ás 07.05 horas do 8 de abril, un condutor arroxou unhas taxas de 0.42 e 0.41 mg/l de aire nun control preventivo na confluencia da rúa Corralón con Zalaeta. O vehículo que conducía foi inmobilizado e trasladado para o Depósito municipal como medida cautelar de seguridade viaria.

- Ás 21.27 horas do 8 de abril, o condutor implicado nun accidente de circulación sen feridos da clase `contra obstáculo fixo´ na avenida Alfonso Molina arroxou unhas taxas positivas nun control de alcoholemia (0,98 e 0.89 mg/l), polo que se lle tramitaron dilixencias por un delito contra a seguridade viaria. O vehículo que conducía, da marca e modelo Citroen Berlingo, foi inmobilizado e trasladado ao Depósito municipal como medida cautelar de seguridade viaria.

- Ás 04.15 horas do 9 de abril, na Rolda de Nelle, un condutor, de 64 anos, foi denunciado ante o xulgado de garda por un delito contra a seguridade viaria por conducir un vehículo a motor sen obter nunca a autorización administrativa. Do vehículo que conducía, un Citroen C4, fíxose cargo un condutor alternativo habilitado legalmente para conducir e en condicións normais.

- Ás 04.50 horas do 9 de abril, unha patrulla deu o alto a un vehículo que circulaba pola rúa Entrexardíns e someteu ás probas de alcoholemia ao seu condutor. O mozo, de 32 anos, arroxou uns restultados de 0,98 e 0,92 mg/l polo que foi denunciado ante o xulgado de garda por un delito contra a seguridade viaria. O vehículo que conducía, un Volkswagen Passat, foi inmobilizado e trasladado ao Depósito municipal como medida cautelar de seguridade viaria.

- Ás 23.55 horas do 9 de abril, na rúa Illas Cíes, un condutor, un mozo de 34 anos, foi denunciado ante o xulgado de garda por un delito contra a seguridade viaria por conducir un vehículo a motor cunha perda de vixencia da súa autorización administrativa ao esgotar o saldo de puntos. O vehículo que conducía, un furgón Fiat Ducato, foi inmobilizado e trasladado ao Depósito municipal como medida cautelar de seguridade viaria.

- Ás 01.35 horas do 10 de abril, un condutor foi denunciado por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas pola avenida Pedro Barrié da Maza. O home, de 64 anos, arroxou unhas taxas de 0,90 e 0,93 mg/l, nas probas de alcoholemia polo que se lle tramitaron dilixencias ao xulgado de garda. O vehículo que conducía foi inmobilizado e trasladado ao Depósito municipal como medida cautelar de seguridade viaria.

- Ás 05.40 horas do 12 de abril, unha dotación deu o alto a un turismo por non respectar un semáforo en vermello na avenida Pedro Barrié de la Maza. O seu condutor, un mozo de 28 anos, deu positivo nas probas de determinación do grao de impregnación alcohólica, cun resultado de 1,15 e 1,08 mg/l, polo que se lle tramitaron dilixencias ao xulgado de garda polo procedemento de xuízo rápido. O vehículo que conducía, da marca e modelo Seat León, foi inmobilizado e trasladado ao Depósito municipal como medida cautelar de seguridade viaria.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión