Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Seguridad ciudadana

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

24 de abril de 2019

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

Dende as 07.00 horas do 20 de abril até as 07.00 horas do 23 de abril do 2019

DETIDO POR UN PRESUNTO DELITO DE VIOLENCIA DE XÉNERO

-Ás 17:26 horas do día 20 de abril, unha patrulla da Policía Local foi solicitada pola Sala do 092 para ir a unha rúa nas inmediacións do Campo da Leña, onde, segundo varias chamadas de testemuñas, unha parella estaba discutindo na vía pública de forma acalorada. Segundo soubo a dotación policial, xa no lugar dos feitos, e en base as declaracións das testemuás, nun momento da discusión, o home agarrou á muller de 21 anos de idade polo pescozo, lanzándoa contra a verxa dun establecemento e propinándolle un manotazo na cara. O home abandonou o lugar unha vez que as persoas que estaban presentes lle comunicaron que estaban a chamar a Policía. A versión foi ratificada pola propia vítima.

O home de 29 anos e veciño desta cidade foi detido no seu domicilio nas inmediacións. Manifestou que a moza coa que mantiña unha relación de parella desde había uns dous anos e que tiña chaves do domicilio accedera ao mesmo. Ao atoparse alí con outras dúas mozas entrou en cólera e comezou a esnaquizalo todo (incluído un televisor) polo que a sacou da vivenda e acompañouna ao exterior onde se produciu o forcejeo. Os axentes puideron constatar que a moza estaba chorando e tiña unha marca no pómulo dereito. Ponderando as circunstancias concurrentes os axentes procederon á detención do varón, sendo trasladado ás dependencias policiais e quedando custodiado nos calabozos a disposición xudicial e denunciado por un posible delito de violencia de xénero.

DETIDO POR TER UNHA ORDE DE BUSCA E DETENCIÓN DUN XULGADO DA CORUÑA

- Ás 19.20 horas do 21 de abril, unha patrulla trasladouse á rúa Barcelona onde un home estaba a tentar vender unha escopeta de balines na vía pública. Xa no lugar, a dotación localizouno no cruzamento coa rúa Alcalde Lens e requeriulle que se identificara. O home manifestou non ter documentación polo que foi trasladado a dependencias policiais, onde se comprobou que sobre este home, de 35 anos, pesaba unha orde de reclamación xudicial. Foi detido e posto a disposición do xulgado de instrución da Coruña.

DETIDA POR AGRESIÓN CON ARMA BRANCA

- Ás 19.09 horas do 22 de abril, varias patrullas da Policía Local foron comisionadas por medio da Sala 092 para que se achegasen á rúa Touro, onde ao parecer, unha persoa fora apuñalada. Xa no lugar, un mozo manifestou que, momentos antes, cando estaba coa súa parella, unha coñecida do barrio increpáralles, ausentándose do lugar e volvendo máis tarde cun coitelo co que o agredira. O mozo, de 23 anos, estaba a sangrar polo torax e polo brazo esquerdo. As dotacións trasladáronse ao domicilio da agresora, facilitado por varias testemuñas do lugar, que abriu a porta ante a insistencia policial. A muller explicou que se molestara polo ruído que fixera a parella ao falar na porta do seu domicilio polo que baixou a recriminarlles. Tras producirse unha discusión entre eles, a muller subiu de novo á súa vivenda e baixou cun coitelo co que lle propinou dúas punzadas ao mozo. A patrulla detivo á moza, de 23 anos, e trasladouna a dependencias policiais onde foi denunciada por un delito de lesións.

CONTROIS PREVENTIVO-DISUASORIOS DE SEGURIDADE VIARIA

- Ás 21.10 horas do 22 de abril, un condutor foi denunciado na rúa Venecia tras arroxar un resultado positivo en cannabis, polo que poderá ser sancionado cunha multa de 1.000 euros e coa retirada de 6 puntos no seu permiso de conducir. Do vehículo fíxose cargo un condutor alternativo habilitado legalmente para conducir e en condicións normais.

- Ás 04.10 horas do 23 de abril, un condutor arroxou uns resultados positivos nas probas de alcoholemia (0,39 mg/l e 0,39 mg/l) nun control preventivo na rúa Luís Lopez Casanegra. O condutor, un home de 53 anos, foi denunciado administrativamente por conducir superando as taxas de alcol permitidas. Do vehículo fíxose cargo un condutor alternativo habilitado legalmente para conducir e en condicións normais.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?