11 de xuño de 2019
Dende as 07.00 horas do 7 de xuño até as 07.00 horas do 11 de xuño do 2019
CONTROL DE DROGAS E ALCOHOLEMIA
- Ao longo da semana do 3 ao 6 de xuño, a unidade de tráfico da Policía Local participou na Campaña para vixilancia e control de alcoholemia e outras drogas promovida pola Dirección Xeral de Tráfico e obtivéronse os seguintes resultados:
- Dispositivos de controis de alcoholemia e drogas realizados: 21
- Probas de alcoholemia e drogas realizadas: 101 (94 probas negativas e 7 positivas)
- Probas de alcoholemia desagregadas:
Número probas positivas: 4
Infracción administrativa (taxa 0,25-0,60 mg./l): 2
Infracción penal (influencia ou taxa superior a 0,60 mg./ l): 2
- Probas de drogas mediante drogotest desagregadas:
Número probas positivas: 3
Infracción administrativa: 3
Substancias:
- Cocaína: 1
- THC (cannabis): 2
CONTROL DE NORMAS DE CONVIVENCIA
- A noite do 9 ao 10 de xuño, o dispositivo de reforzo nas zonas de lecer nocturno identificou e denunciou a cinco persoas na zona centro por ouriñar en vía pública. Estas persoas foron denunciadas, o que pode supoñer unha sanción de ata 300 euros por infrinxir a ordenanza municipal de limpeza.
FALECIDO EN VÍA PÚBLICA
- Ás 05.30 horas do 9 de xuño, varias patrullas achegáronse á contorna da glorieta do Pavo Real onde, segundo unha chamada, unha persoa estaba a sufrir unha parada cardiorrespiratoria. Ao tempo acudiu unha ambulancia do 061, cuxos sanitarios tentaron reanimar ao paciente, un home de 33 anos, durante varios minutos con resultado negativo. O seu acompañante, un home de 32 anos, relatou que cando se dirixía co seu amigo a coller un taxi, o falecido indicoulle que se atopaba mal e esvaneceuse case ao instante, polo que chamou ao 061 e á Policía Local para pedir auxilio.
COMISO POR VENDA AMBULANTE NA VÍA PÚBLICA
- Ás 12.00 horas do 9 de xuño, a Patrulla Verde da Policía Local comisionou dous canarios a un vendedor ambulante na rúa Barcelona. Seguindo unha denuncia cidadá, realizada a través da sala do 092, unha dotación non uniformada observou como o posuidor das aves, que estaban nunha gaiola cun cartel coa lenda "véndense canarios", ofreceu os animais a varios transeúntes. Este home, de 73 anos, foi denunciado por exercer a venda de animais na vía pública.
CONTROIS PREVENTIVO DISUASORIO DE SEGURIDADE VIARIA
- Ás 17.25 horas do 10 de xuño, unha dotación policial deu o alto a un vehículo que circulaba pola avenida de Oza e comprobou que o seu condutor, un home de 18 anos, non obtivera nunca o permiso de condución, polo que se lle tramitaron dilixencias ao xulgado de garda por un delito contra a seguridade viaria. Do vehículo, da marca e modelo BMW 330 CI, fíxose cargo un condutor alternativo habilitado legalmente con permiso de condución.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible