Concello da Coruña

Concello da Coruña

Denuncias por malos tratos e agresións a mulleres

En que consiste?:

Enténdese por malos tratos calquera acto de agresión que recibe a muller por parte do seu marido, parella ou familiar, que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico, incluíndo as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria de liberdade, tanto se se produce na vida pública, como na privada.

Onde se fai?:

Pódese interpoñer a denuncia nalgunha destas dependencias:

  • Policía Nacional ( SERVIZO DE ATENCIÓN Á FAMILIA)
Avenida Alférez Provisional, 3, baixo, A Coruña.
091; 981 166 300
  • Garda Civil.
Lugar Lonzas, s/n, A Coruña.
062; 981 167 800
  • Policía Autonómica.
Rolda Nelle, 24, A Coruña.
981 153 410.
  • Xulgado de Garda
Rúa Monforte, s/n, A Coruña.
981 185 248

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Se se é obxecto de malos tratos por parte da parella coa que se convive ou doutros familiares tense o dereito a denuncialo. Os malos tratos no ámbito doméstico adoitan darse na máis estrita intimidade, sen testemuñas, por iso, é a maltratada quen ten que denuncialo.

Denunciar é poñer en coñecemento das autoridades os feitos para que leven a cabo as accións pertinentes.

COMO FACER A DENUNCIA?
 
É importante que a maltratada:
  1. Conte todo o que pasou, sen calar nada, aínda que algunhas cousas lle dean vergoña.
  2. Explique en que consistiu a violencia: acosos, atentados, ameazas, insultos, coacción, agresións, desfeitas na vivenda, utilización de armas ou outros obxectos.
  3. Sexa breve e directa relatando os detalles.
  4. Faga constar posibles agresións anteriores que xa fosen denunciadas.
  5. Presente o parte médico das lesións, de ser o caso.
  6. Facilite os datos identificativos das testemuñas, se é que os houbo.
  7. Lea sempre a denuncia antes de asinala. Pode suxerir as modificacións que crea oportunas, esixe que se inclúa todo o que considere importante e que non fose recollido correctamente.

No suposto de haber lesións físicas ou agresións sexuais débese acudir inmediatamente a un centro de saúde, ambulatorio ou centro hospitalario, sen lavarse e coa mesma roupa que levaba no momento da agresión. Será necesario explicarlle ao persoal sanitario a orixe das lesións.

É importante pedir unha copia do informe médico, xa que ten importancia para que un posterior xuízo se axuste aos feitos denunciados.

Internet

Teléfono

Máis información:

Pódense solicitar medidas de protección, tales como:
  • Acompañamento policial
  • Orde de aloxamento para o agresor
  • Retención de armas
  • Orde de desaloxo do domicilio
  • Intervención do teléfono
  • Orde de protección
Non obstante ademais de poder interpoñer unha denuncia, as mulleres que sufran agresións ou malos tratos poden acudir a:

Servizo de Atención Inmediata para Mulleres Maltratadas:

  • Teléfono de Urxencia: 902 116 504 (24 horas).
  • Teléfono de Urxencia para Denuncia de Malos Tratos: 900 100 009.
  • Teléfono Único de Emerxencias: 112.
  • Teléfono de Información para a Muller: 900 191 010 (24 horas).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión