Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de outubro de 2019

Inés Rey recibe no concello os nove bombeiros de nova incorporación na cidade

Con esta nova incorporación, o cadro de persoal de bombeiros da cidade ascende a un total de 105 profesionais

Esta mañá a alcaldesa, Inés Rey, recibiu no consistorio os nove bombeiros de nova incorporación que comezan hoxe a súa andanza profesional no Concello da Coruña.

Despois de pasar todo o proceso selectivo, este novo equipo de principiantes empeza hoxe un período de dous meses de prácticas que deberán superar para converterse en funcionarios de carreira. Este período de formación terá unha parte práctica no parque de bombeiros e outra nun campo de traballo na que durante unha semana coñecerán os lumes de interiores e mercadorías perigosas.

Con esta nova incorporación, o cadro de persoal de bombeiros da cidade ascende a un total de 105 profesionais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión