Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tramitación para sardiñadas, churrascadas e similares e outras actividades propias da festa de San Xoán

En que consiste?:

As persoas, organizacións ou comunidades que desexen realizar grelladas, cacharelas, sardiñadas e similares en lugares públicos, deberán facer unha comunicación previa á Área de Seguridade Cidadá.

Onde se fai?:

  • Concello da Coruña

Praza de María Pita, núm. 1 C.P. 15001 A Coruña

  • Fórum Metropolitano

Rúa Río de Monelos, núm. 1 C.P. 15006 A Coruña

  • Centro Sociocultural Ágora

Lugar da Gramela, núm. 17 C.P. 15010 A Coruña

  • Rexistro da Área Económica Municipal

Rúa Franxa, 20, baixo. 15001 A Coruña

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

SARDIÑADAS, CHURRASCADAS OU SIMILARES:

A solicitude deberá comunicarse mediante Comunicación previa que será efectiva entre o venres 16 de xuño e o domingo 2 de xullo de 2023 (ambos incluídos) e cunha antelación mínima de 48 horas.

As actividades mencionadas deberanse realizar entre as 13.00 horas e as 16.00 horas e entre as 20.00 horas e as 00.00 horas.

Na comunicación deberá constar, como mínimo:

  • Día e hora (inicio e fin)
  • Tipo (sardiñada, fogata, churrascada...)
  • Localización do evento (enderezo, lugar...)
  • Núm. de participantes aproximados

IRÁ DIRIXIDA A:

  • Área de Seguridade Cidadá

RESPOSTA Á SOLICITUDE:

  • Poderase enviar por correo electrónico unha serie de consellos para a seguridade da dita actividade.

PARA CALQUERA CONSULTA:

FESTAS DE SAN XOÁN:

Na noite do 23 de xuño autorízase a realización de fogueiras en espazos de titularidade pública.

Para iso, será preciso que as persoas interesadas lle presenten unha Comunicación previa á Área de Seguridade Cidadá, cunha antelación mínima de 48 horas.

Na comunicación deberá constar, como mínimo:

  • Día e hora (inicio e fin)
  • Tipo
  • Localización do evento (enderezo, lugar...)
  • Núm. de participantes aproximados

IRÁ DIRIXIDA A:

  • Área de Seguridade Cidadá

RESPOSTA Á SOLICITUDE:

  • Poderase enviar por correo electrónico unha serie de consellos para a seguridade da dita actividade.

PARA CALQUERA CONSULTA:

Como se fai?:

Descargar a  Comunicación previa e, unha vez cuberta, presentala por rexistro (cita previa).

Pode solicitar cita previa:

- Teléfono 010.

- Internet: Cita previa

Internet

Como se fai?:

Deberase comunicar:

- A través da Sede electrónica municipal

ou

- A través do correo electrónico seguridadsanjuan@coruna.gal

Os prazos e os datos requiridos son os mesmos que para a presentacion presencial.

Teléfono

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión