Concello da Coruña

Concello da Coruña

Non xogues coa súa seguridade

Os nenos, por descoñecemento, poden dar serios desgustos.

Hai que procurar que sempre permanezan baixo a vixilancia dunha persoa adulta ou responsable. Non obstante, adoptar algunhas medidas básicas pode ser de vital importancia.

  • Protexer os enchufes.
  • Vixiar que os xoguetes cumpran a normativa sobre seguridade.
  • Impedir que os/as nenos/as xoguen con lume ou se acheguen á cociña.
  • Evite que os/as nenos/as teñan acceso a medicamentos, produtos de limpeza ou outras sustancias tóxicas. Garde ben os coitelos, tesoiras etc.
  • Non permita que se asomen a balcóns ou ventás ou que xoguen preto dos bordos das beirarrúas.
  • Evitar que os/as nenos/as xoguen en cociñas e baños.
  • Ensinarlles desde pequenos as normas básicas de autoprotección e seguridade viaria.
  • Ensinarlles canto antes, o seu nome, enderezo e teléfono e como usalo en caso de necesidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión