Concello da Coruña

Concello da Coruña

Non poñas o monte en perigo

Moitos incendios no campo son causados polas actuacións do home ao seu paso por el, como son excursións ou acampadas. Un comportamento irresponsable pode producir un severo dano, tanto ecolóxico como de vidas humanas, que pode ser catastrófico se chega a desenvolverse un incendio forestal.

  • Non acenda nunca lumes en lugares NON autorizados nin especialmente preparados para iso.
  • Non acenda nunca un lume se hai vento ou non ten auga preto.
  • Limpe arredor do lugar elixido para a fogueira, un círculo de tres metros.
  • Non tire nunca cabichas acesas ou brasas de grellada. Non deixe ningún tipo de lixo.
  • Asegúrese de apagar ben as fogueiras con auga e cubríndoas con terra antes de abandonar o lugar.
  • Se o/a sorprende un incendio na cima, nunca fuxa cara abaixo ou polos lados. Non corra.
  • Se non pode fuxir do lume, busque a zona queimada ou un claro e cúbrase con terra.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión