Concello da Coruña

Concello da Coruña

Recomendacións

  • Que non rebente a festa

    As festas son un motivo de alegría e goce para toda unha comunidade. Ao entrar nun lugar de pública concorrencia, fixarémonos nas saídas de emerxencia. Evitar subirse a marquesiñas, balcóns, estadas etc. non usar material pirotécnico se non se é experto... son algunhas das recomendacións para que non se acabe a festa.

  • Ondas de calor e seca

    As ondas de calor e seca son consecuencia dun acusado descenso do nivel de choivas acompañadas normalmente de moita calor durante bastante tempo. Isto provoca problemas de abastecemento de auga, fatiga, mareos etc. Ante unha onda de calor, debe prestar atención ás emisoras de radio e televisión xa que nos darán as instrucións que hai que seguir.

     

  • A precaución é a túa mellor arma

    En moitos casos somos moi ousados cando nos achegamos ás praias, piscinas ou ríos para gozar do baño. Seguindo unha serie de consellos pódense evitar riscos innecesarios.

    Se non se sabe nadar, non se lance á auga. Non hai que afastarse de familiares e amigos. Se se ve a alguén en dificultade hai que actuar con rapidez, dando a voz de alarma e colaborar en todo o posible.

  • Para que os ventos e tormentas non te azouten

    O vento pódese manifestar en forma de vendaval ou temporais en Galicia. Ante estas situacións, é moi importante permanecer atento ás informacións oficiais transmitidas e seguir as indicacións que se dean por radio e televisión. Non obstante, non sempre se pode calcular con exactitude a súa intensidade.

  • Sae a flote

    As inundacións prodúcense especialmente en zonas onde conflúen torrentes, ríos, e mesmo en redes de sumidoiros de zonas urbanas. Antes de que chegue un período de choivas é importante prepararse para unha posible emerxencia tomando unha serie de medidas que axudarán a paliar os efectos deste tipo de riscos. No caso de que a inundación se produza, débese manter a calma.

  • Non poñas o monte en perigo

    Moitos incendios no campo son causados polas actuacións do home ao seu paso por el, como son excursións ou acampadas. Un comportamento irresponsable pode producir un severo dano, tanto ecolóxico como de vidas humanas, que pode ser catastrófico se chega a desenvolverse un incendio forestal.

  • En caso de temporal

    En días de fenómenos meteorolóxicos adversos, con alertas por choiva e ventos fortes ou en caso de temporal marítimo, siga estas recomendacións.

  • Non xogues coa súa seguridade

    Os nenos, por descoñecemento, poden dar serios desgustos.

  • Cabalgata de Reis

    Consellos para que a cabalgata sexa unha celebración especialmente segura e accesible.

resultados 20

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión