Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Seguridade cidadá

Memoria 2018

Memoria 2018

A memoria 2018 dá conta da multiplicidade de actuacións realizadas polas persoas bombeiros, que acadaron as 1.649 fronte ás 1.715 do ano pasado, o que supón un lixeiro descenso con respecto ao ano anterior.

Un ano máis, o servizo de bombeiros continúa co seu labor de servizo público e de coidado da cidade e da cidadanía, non só no concello da Coruña, senón alí onde é requirido: concellos galegos que non contan con medios, nin materiais nin humanos suficientes, ou no estranxeiro, a través do seu labor humanitario con Ong, por exemplo AIRE, acudindo este ano ao deserto de Tinduf.

É cada vez máis ampla a diversidade de intervencións do noso servizo de extinción de incendios e salvamento (SEIS). Máis alá da intervención en lumes ou emerxencias habituais, destacan aquelas xestionadas a través de unidades especializadas, como o Grupo de Rescate Acuático, como foi, desgraciadamente, a realizada en abril na baía do Orzán na procura de Andrea Domínguez, a moza ourensá desaparecida no mar da Coruña.

1.649 actuacións fronte ás 1.715 do ano pasado, o que supón unha lixeira redución con respecto ao ano anterior. Os incendios urbanos teñen un lixeiro aumento, de 229 a 262 intervencións. En cambio os incendios forestais sofren unha baixada de 43 a 31. Quizais a suba máis importante é en actuacións por choiva, onde se pasaron de 18 a 55, debido ás alertas por temporal. Hai que destacar que houbo 294 intervencións urxentes e chegouse en menos de 8 minutos ao 69,15% das actuacións.

Importantísimo sempre é o labor que se realiza en materia de prevención. En 2018 realizouse a 13ª edición consecutiva da semana da prevención, con novidades ano tras ano, co fin de achegar a toda a cidadanía e ás e aos escolares en particular os consellos de seguridade, e foron atendidas directamente na praza máis de 13.000 persoas. Ademais da semana da prevención, realizáronse ao longo do ano 501 actividades preventivas, e empregáronse 5.513 horas. Atendéronse tamén 111 centros educativos da nosa cidade e chegouse a 2.696 alumnas e alumnos.

Este ano, falando xa dos investimentos realizados, completouse unha das fases máis importantes de renovación e mellora da rede de hidrantes, e investíronse 120.000 €. Daráselle continuidade a esta mellora da rede de hidrantes, xa que son ferramentas que aseguran o abastecemento con garantías do servizo de bombeiros en caso dalgunha intervención na cidade.

Continuouse coa instalación de detectores de fume nos domicilios de persoas con maior vulnerabilidade ante posibles incendios, conectados directamente á central do parque de bombeiros para unha intervención inmediata.

Como non podía ser doutra forma, o servizo de bombeiros, conta cun orzamento que supera o millón de euros en investimentos que serven para modernizar a frota de vehículos lixeiros, coa adquisición de 4, a reposición dunha nova autoescaleira de 18 m, máis moderna e adaptada ás novas necesidades do servizo. Tamén se incrementaron os equipos de rescate para o Grupo de Rescate Acuático ou o equipamento para Mercadorías Perigosas, e atendéronse as necesidades provocadas pola existencia do tecido industrial da cidade afectado por este tipo de mercadorías.

E continúa a aposta, mantendo a mesma partida orzamentaria para o ano 2019, onde se incorpora un vehículo de primeira saída, unha embarcación para o grupo de rescate, así como continuar coa renovación de equipos de protección persoal.

Por último, é importante destacar que este ano 2018, grazas ao traballo conxunto do servizo e o cadro de persoal, chegouse a un acordo que mellorará substancialmente a calidade do servizo, así como as condicións laborais das e dos traballadoras/es do SEIS. Demandas históricas como o incremento dos mínimos de garda, que pasa de 11 a 15 efectivos, permiten así dúas saídas completas en situación de seguridade. Ademais comézase co proceso de paso á categoría C1, iniciado no primeiro trimestre de 2019 co barrado dos postos na RPT e adquirindo o compromiso de realizar as promocións internas que o consoliden entre este e o seguinte ciclo orzamentario, así mesmo recollerase no acordo marco unha revisión do complemento de perigo, actualmente investido.

Con todo isto e o que se detalla a continuación nesta memoria adxunta, podemos dar o ano 2018 como un grande ano para o SEIS, grazas sempre ao compromiso e á vocación de quen o compón, desde a coordinación e os mandos de máis rango ata cada bombeiro e bombeira que sosteñen día a día un dos servizos públicos mellor valorados pola cidadanía, como non pode ser doutra forma. Tedes todo o meu recoñecemento e admiración, así como o agradecemento por facer que todo pareza ser tan sinxelo.

Rocío Fraga Sáenz

Concelleira de Igualdade e Diversidade

Memoria 2018 bombeiros

Memoria 2017 bombeiros

Memoria 2017 bombeiros

Memoria 2015 bombeiros

Memoria 2014 bombeiros

Memoria 2013 bombeiros

Memoria 2012 bombeiros

Memoria 2011 bombeiros

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?