Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de xuño de 2018

A Policía Local realizou esta mañá unha actividade con alumnado do CEIP Zalaeta

A actividade combinou seguridade viaria, bicis e historia local

A unidade de Educación viaria da Policía Local realizou hoxe unha actividade na que participaron 50 nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria do CEIP Zalaeta e á que tamén estaban convidadas as súas familias.

Os rapaces e rapazas percorreron en bicicleta, polo Paseo Marítimo, a distancia que separa o centro da praza de María Pita, onde foron recibidos por unha guía de Turismo, caracterizada como María Pita, coa que pasearon pola Cidade Vella. Esta actividade, que comezou hai dúas semanas cun curso para ensinar a montar en bicicleta aos nenos e nenas que non sabían, está pensada para que poidan relacionar conceptos aprendidos na clase coa historia da cidade, ademais de incidir na seguridade viaria nunha idade na que comezan a ser axentes independentes nos seus desprazamentos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión