Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de setembro de 2018

A tempada de praias na Coruña péchase con 608 incidencias, "que manteñen en niveis baixos as incidencias de gravidade"

A edil Rocío Fraga salienta o descenso de feridas punzantes respecto ao pasado verán, que pasan de 111 a 19, e que atribúe á prohibición municipal de baixar palés e outros elementos do mobiliario aos areais durante a noite de San Xoán

A concelleira de Igualdade e Diversidade, e responsable da área de Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, vén de facer balance tras a finalización da tempada de areais urbanos, que se estendeu desde o 15 de xuño até o día de onte, 26 de setembro. Ao longo deste período, as praias de Oza, San Amaro, As Lapas, Riazor, Orzán e Matadoiro, todas elas distinguidas coa Bandeira Azul, contaron cun servizo de socorrismo conformado por 55 efectivos que atendeu un total de 608 incidencias.

A máis común da tempada foron os cortes, que se deron até en 192 ocasións, así como queimaduras e abrasións solares, que sumaron 65 actuacións por parte do servizo de socorrismo. Tamén foron notorias as intervencións vinculadas a atención de traumatismos (45), picaduras de escarapote (40), rozaduras (33) ou mareos (30). Porén, o descenso máis notable en canto á tipoloxía de incidencias foron as feridas por obxectos punzantes, que pasaron de ser 111 no ano 2017, a só 19 na presente tempada. "Boa parte desta importante redución débese á prohibición municipal de baixar á praia, no San Xoán, elementos como palés, que até agora deixaban na area numerosos cravos e puntas. A Policía Local e os servizos de seguridade municipais fixeron na noite do 23 de xuño un labor fundamental de sensibilización e de vixilancia que, tres meses despois, se demostra efectivo", sinalou Rocío Fraga, quen destacou que o goberno local "seguirá a manter esta liña de prevención e coidado, non só do medio ambiente, senón tamén da propia seguridade das usuarias e usuarios dos areais".  

Ademais destas incidencias, producíronse 28 intervencións por picadura de insecto, 17 por danos oculares e 11 por bochas, ademais de 8 escordadura e 7 rescates acuáticos, que se resolveron de forma satisfactoria. Ao longo da tempada déronse tamén 14 traslados en ambulancia ao CHUAC, neste caso, tanto de persoas usuarias dos areais como do propio paseo marítimo, nos que o servizo de salvamento atendeu ás e aos transeúntes. Tal e como fai notar a responsable municipal, este ano non foi necesario realizar ningún exercicio de reanimación cardio-pulmonar e tampouco asistir en ningún afogamento nos areais, "como xa sucedeu a pasada tempada, polo que se manteñen baixos os niveis de incidencias de gravidade".

En canto aos datos desagregados, o areal que máis intervencións rexistrou esta tempada foi o de Riazor (179), seguido de Oza (137), Orzán-Matadoiro (137) e San Amaro (120). Ademais, o servizo de socorrismo realizou un total de 33 actuacións na praia das Lapas durante o verán.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión