Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de setembro de 2018

Festa da bicicleta - cortes de tráfico

O vindeiro domingo 30 pola mañá celebrarase a Festa da Bicicleta co gallo da Semana Europea da Mobilidade

Provocará algúns cortes de tráfico nas zonas polas que transitará o grupo, a medida que pase o pelotón.  

Entre as 12.00 e as 12.45, así como entre as 13.30 e as 13.40 horas, está previsto que o grupo pase, tanto á ida como á volta, pola zona da avenida da Mariña e os Cantóns.

De 12.15 a 12.35 horas, prevese o paso do grupo que realice o percorrido longo pola rúa Ferrol e Juan Flórez, e de 12.35 horas a 13.05 horas por Catro Camiños, Caballeros, mercado de Elviña e Ramón y Cajal. Finalmente, entre as 13.20 e as 13.30 horas, o grupo transitará pola avenida do Exército, Linares Rivas e Praza de Mina, antes de achegarse aos Cantóns e avenida da Mariña.

O tránsito do transporte público compaxinarase, na medida que sexa posible, co paso do pelotón.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión