Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de decembro de 2018

Mobilidade Sostible activa desde este luns un dispositivo especial de tráfico no barrio de Cidade Escolar polos traballos de substitución dunha tubaxe de saneamento

A avenida Gran Canaria pecharase totalmente ao tráfico, desde a praza do Conservatorio até Pintor Francisco Llorens, até o 21 de decembro

Os traballos urxentes de substitución por rotura de tubaxe da rede de saneamento na avenida Gran Canaria, desde a praza do Conservatorio até a rúa Pintor Francisco Llorens, provocarán o peche ao tráfico rodado da vía entre os días 10 e 21 de decembro. Ante esta situación, que afectará a unha das principais vías de circulación do barrio de Cidade Escolar, a Concellería de Mobilidade Sostible informa de que se crearán desvíos alternativos para o paso do tráfico rodado, que entrarán en vigor este luns ás 09.30 horas e que se manterán até a tarde do venres 21. Deste xeito, os vehículos que accedan desde a praza da Tolerancia poderán circular desde a rúa Venezuela cara a Archer Milton Huntington para acceder, de novo, á avenida Gran Canaria. Pola súa banda, os vehículos que accedan desde a avenida Gran Canaria desde a ronda de Outeiro, poderán circular Pintor Francisco Llorens para seguir polas rúas Cultura, Colombia, Educación e a praza Conservatorio para acceder, de novo, á avenida Gran Canaria.

Os traballos afectarán ao itinerario das liñas do transporte público urbano 3, 3A, 12, 12A e 14, que modificarán o seu percorrido polos desvíos alternativos habilitados a partires da mañá deste luns, sen que estes afecten as súas paradas habituais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión