Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de xuño de 2019

O Concello incorpora tres novos vehículos o parque automobilístico dos servizos municipais de emerxencias

A edil Rocío Fraga salienta que os novos equipos “responden ás demandas das diferentes unidades da área de Seguridade Cidadá”

concelleira de Igualdade e Diversidade e responsable da área de Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, participou esta mañá na presentación dos tres novos vehículos que o Concello da Coruña vén de adquirir para os corpos da Policía Local e do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento, e cuxa compra se incluína nos orzamentos municipais de 2018. Tal e como expuxo a edil, os equipos "responden ás demandas das diferentes unidades". "Hoxe damos un novo paso no reforzo do equipamento do parque municipal de emerxencias co obxectivo de seguir adaptándoo ás necesidades actuais dos servizos", apuntou a concelleira.  

O novo vehículo de bombeiros é un camión BUL 13 cunha altura de 2,90 metros e ancho de 2,40 metros. As dimensións reducidas deste vehículo, así como a distancia entre os seus eixos --3,02 metros--, permiten que teña un radio de xiro moi pequeno e que complemente nas saídas á escaleira presentada esta primavera tamén pola concelleira, "xa que ambos poden circular por espazos máis angostos ou de acceso máis complexo do termo municipal, como pode ser a Cidade Vella". O camión presenta diferentes innovacións, como unha bomba combinada que mellora a presión da mangueira, unha cabina de transporte con maiores condicións de seguridade e accesibilidade, ou un ventilador de presión positiva eléctrico, que reduce o ruído e non produce emisións contaminantes. Ademais, ao non ser de combustión, pódese utilizar ademais na zona de intervención.

Por outra banda, a Policía Local conta desde hoxe con dous novos vehículos no seu parque. O primeiro deles é unha furgoneta destinada ao transporte das patrullas a pé, que conta cun máximo de 9 pazas.  Ademais de vir equipado con elementos vinculados á circulación de tráfico, incorpora outras cuestións específicas para o desenvolvemento do labor do corpo de seguridade. O outro turismo é un vehículo de cinco prazas que acompañará, principalmente, á patrulla de motoristas para intervencións rápidas. Ambos vehículos, tal e como apuntou Fraga, incorporan paneis luminosos que permiten ver as mensaxes que emita a Policía Local desde a perspectiva dianteira e traseira dos turismos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión