Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de novembro de 2018

Os túneles de María Pita, Parrote e Mariña pecharanse por labores de mantemento nas noites do 19 ao 23 de novembro

Os traballos, que se desenvolverán entre as 23.00 e as 07.00 horas, afectarán aos 32 ventiladores que se atopan no interior do tritúnel

O Concello da Coruña levará a cabo esta semana os labores de mantemento dos túneles do Parrote, Mariña e María Pita. Os traballos, que se desenvolverán sobre cada un dos 32 ventiladores que se atopan no interior do tritúnel, produciranse en horario nocturno co obxectivo de influír minimamente na circulación do tráfico rodado da cidade. Así, o peche terá lugar durante catro noites consecutivas, desde o luns 19 até o xoves 22, ambas incluídas, entre as 23.00 e as 07.00 horas.

Os traballos de mantemento preventivo que se realizarán durante as catro noites inclúen as comprobacións de plans de arranque, a inspección visual e detallada dos equipos así como a medición do illamento do motor eléctrico. Producirase tamén unha comprobación de ruídos e medición de vibracións ou a propia limpeza dos ventiladores.

O peche dos puntos de acceso ao Parrote, Mariña e María Pita contarán co apoio de presenza policial, ademais de sinalización a través dos paneis de mensaxe variable e de aspa-frechas que se atopan en todas as bocas. Nestas noites manterase unicamente accesible tanto a entrada como a saída ao aparcadoiro de María Pita desde As Atochas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión