Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de marzo de 2017

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

Dende as 07:00 horas do día 19 até as 07:00 horas do 20 de marzo

DENUNCIADO UN LOCAL DE OCIO NOCTURNO POR SANCIÓNS ADMINISTRATIVAS

Ás 07:40 do día 19, varias dotacións da Policía Local realizaron un control nun local de lecer sito na rúa Torreiro, procedendo a identificar e denunciar ao responsable do mesmo, sendo denunciado por unha infracción administrativa grave e unha infracción administrativa leve: por superar o aforo permitido de acordo coa licenza vixente, e por non respectar o horario de peche do establecemento.

De acordo coa súa categoría, o seu horario máximo permitido sería ás 05:00 horas. Por ese motivo foi denunciado por infracción leve da orde autonómica de horarios de apertura e peche de establecementos públicos e a lei de emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

Atopábanse no seu interior 181 persoas, cando a súa aforo máximo permitido é de 95 (excedía en 86 persoas). Por este caso foi denunciado por infracción grave da lei de emprendemento e da competitividade económica de Galicia e ordenanza municipal reguladora de actividades.

ALTERCADO ENTRE MOZOS

Ás 08:00 do día 19, varias dotacións da policía local acoden, tras aviso á Sala Operativa do 092, á Avenida do Porto, onde se estaba producindo unha pelexa entre dous grupos de mozos. Unha vez no lugar, os axentes non observan ningunha pelexa, pero tras dar unha rolda pola zona, localizan a un grupo de 6 mozos (con idades comprendidas entre os 20 e os 24 anos, veciños de Coruña e contorna) que poderían haber estado implicados nos feitos: un deles sangraba por unha man e outro tiña unha contusión na fronte.

Unha vez entrevistados, os mozos manifestan que había escasos minutos tiveran unha pelexa con outros mozos aos que coñecían de vista por frecuentar o mesmo local de lecer nocturno, afirmando que sen mediar provocación algunha, un mozo do outro grupo propinoulle un botellazo na fronte a un deles, e tras intentar defenderse, fuxiron á carreira do lugar. A ferida na man dun deles fora resultado dunha caída na fuxida. Os mozos rexeitan o ofrecimiento dos axentes de solicitar asistencia médica, e son informados dos pasos a seguir para denunciar os feitos, o cal din non desexar.

FURTOS

Ás 06:30 unha patrulla de policía local é requirida por un cidadán na rúa Socorro, manifestando sufrir un intento de furto da súa carteira. Unha vez entrevistado polos axentes, relata que unha persoa que se atopa nas inmediacións do lugar meteulle a man no seu peto e subtraeulle a carteira, do cal é testemuña o seu acompañante, e que ao ser recriminado por estes, a persoa en cuestión arroxouna ao chan, recuperando así a súa carteira. Os axentes proceden a identificar ao presunto autor dos feitos, un cidadán de 36 anos de idade, con domicilio en Allariz- Ourense, o cal manifesta non ter nada que ver cos feitos. O requirinte foi informado polos axentes dos pasos a seguir para denunciar os feitos acontecidos.

Ás 16:35 unha dotación de policía local en labores do dispositivo policial habitual polo partido de fútbol, é requirida en Manuel Murguía polo persoal dun local de venda de roupa deportiva, onde tiñan retido a un home polo furto dunha peza de roupa. O responsable do presunto furto era un home, de 50 anos que non portaba documentación persoal, polo cal foi trasladado a dependencias policiais de Lonzas para a súa identificación. Nun cacheo superficial foille incautado un desaparafusador con mango de madeira e vástago de 10 centímetros, co cal forzou presuntamente a alarma da peza, sendo intervido polos axentes actuantes.

AGRESIÓN NO ÁMBITO FAMILIAR

Ás 20:05 unha dotación de policía local acode comisionada pola Sala Operativa do 092 á rúa Divina Pastora, onde ao parecer hai unha forte discusión entre un home e unha muller. Á chegada dos axentes, observan a un home suxeitando a unha muller, portando ademais este un martelo. Unha vez inmobilizados ambos, e retirado o martelo ao home, procédese a entrevistar ás partes e as testemuñas, podendo pescudar que os implicados son irmáns e teñen unhas desavenencias por unha herdanza (o inmoble de comisión da rifa que é residencia do varón). O home manifesta que a súa irmá presentouse na vivenda, ao parecer coa intención de franquear o acceso ao mesmo usando un martelo e un cravo. Ao oír os golpes, abriu a porta e atopouse á súa irmá coa ferramenta, e decidiu suxeitala e sacarlle a mesma, pedindo axuda aos veciños para que avisasen á policía. Os axentes observaron ademais que a muller se atopaba en estado de shock, cun comportamento e expresións incoherentes, motivo polo cal solicítase presenza médica, acudindo unha ambulancia do 061, que tras unha primeira atención determina o seu traslado ao hospital CHUAC para a súa valoración e tratamento.

DENUNCIADO POR INTERVENCIÓN DE DROGAS

Ás 21:00 horas unha dotación de policía local denunciou na Avenida de Arteixo, con motivo dunha denuncia de tráfico, a un veciño da Coruña por portar no seu vehículo unha substancia estupefaciente. A sustancia foi incautada polos axentes e remitida á Subdelegación do Goberno.

ALCOHOLEMIAS

Unha alcoholemia administrativa: con resultados obtidos mediante procedemento de aire espirado 0.45 e 0.39 mg/l.). O condutor de 29 anos, veciño de Culleredo, foi detectado ás 04:47 horas cando circulaba por R/ Hospital 14, sendo interceptado por unha infracción. Do vehículo que conducía, un Citroen c4 fíxose cargo un coñecido do condutor

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA

Produciuse un delito contra a seguridade viaria por conducir unha persoa sen obter nunca a autorización administrativa correspondente. O condutor, de 18 anos, veciño da Coruña, foi detectado ás 21:00 horas do día 19 na explanada do Polideportivo da Sardiñeira, na Avda. de Arteixo, por infracción, tramítanse dilixencias ao Xulgado de Garda por Xuízo Rápido. Do vehículo que conducía, un Fiat Brava, fíxose cargo un coñecido do condutor. Así mesmo, o condutor, dados os signos externos que presentaba foi sometido ao test de drogas arroxando resultado positivo en Cocaína e THC (Cannabis).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión