Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de marzo de 2018

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

Dende as 07.00 horas do 18 de marzo até as 07.00 horas do 19 de marzo do 2018

DETIDO POR RESISTENCIA GRAVE A AXENTES DA AUTORIDADE NO EXERCICIO DAS SÚAS FUNCIÓNS

- Ás 05.15 horas do 18 de marzo, unha patrulla da Policía Local que realizaba un control de peche de locais na zona da rúa Socorro, detectou a un mozo ouriñando na vía pública, polo que lle solicitou a documentación para proceder a denuncialo. Esta persoa fixo caso omiso e amosou unha actitude desafiante contra a patrulla, chegando a insultar e ameazar de morte e, nun momento dado, lanzou a un dos axentes varias puñadas no peito e o brazo, empuxándoo ademais varios metros cara atrás. A dotación procedeu a reducilo pero, por mor da forte resistencia que ofreceu, un dos axentes sufriu a fractura dun dedo da man, polo que foi trasladado ao hospital. O detido quedou ingresado nos calabozos policiais, onde mantivo a súa actitude ameazante con insultos graves cara aos axentes que o custodiaban. Foi denunciado por un delito de resistencia grave a axentes da autoridade no exercicio das súas funcións e por dúas infraccións administrativas: unha infracción á ordenanza municipal de limpeza por ouriñar na vía pública e pola tenencia dunha substancia estupefaciente que se lle incautou nun dos petos do pantalón.

CONTROIS PREVENTIVO DISUASORIOS DE SEGURIDADE VIARIA

- Ás 09.10 horas do 18 de marzo, produciuse un accidente sen feridos da clase "alcance inverso" na rúa Cabo Santiago Gómez no que estiveron implicados dous vehículo, un Seat Ibiza e un Volkswagen Passat. O condutor do primeiro arroxou un resultado positivo nas probas de alcoholemia ás que foi sometido, polo que se remitaron dilixencias por un delito contra a seguridade viaria. Do vehículo fíxose cargo un condutor alternativo habilitado e en condicións normais para conducir.

- Ás 09.30 horas do 18 de marzo, unha dotación deu o alto a unha furgoneta que cometera unha infracción de tráfico ao realizar unha manobra de cambio de sentido na marcha cando circulaba pola avenida Pedro Barrié de la Maza, en dirección Torre de Hércules, á altura do Colexio Salesianos, desobedecendo así a sinalización horizontal de dobre liña continua. O condutor, un home de 40 anos, arroxou uns resultados positivos de 0,72 e 0,70 mg/l nas probas de alcoholemia, polo que foi denunciado ao xulgado de garda por un delito contra a seguridade viaria. O vehículo que conducía, da marca Volkswagen e de cor branca, foi inmobilizado e retirado por un guindastre ata o depósito municipal de vehículos.

- Ás 04.00 horas do 19 de marzo, unha condutora, unha muller de 47 anos, que fora interceptada tras cometer unha infracción de tráfico na avenida Pedro Barrié da Maza, arroxou uns resultados positivos 0,56 e 0,58 mg/l nas probas de alcoholemia. Do vehículo que conducía, un Seat Altea, fíxose cargo un amigo habilitado e en condicións normais para conducir.

- Ás 05.00 horas do 19 de marzo, un condutor, un home de 25 anos, foi interceptado tras cometer un infracción de tráfico cando circulaba pola praza Pontevedra e arroxou uns resultados positivos 0,58 e 0,57 mg/l nas probas de alcoholemia. O vehículo que conducía, un BMW, fíxose cargo un condutor alternativo habilitado e en condicións normais para conducir.

- Ás 05.24 horas do 19 de marzo, un condutor, un home de 26 anos, foi interceptado na praza de Portugal e arroxou uns resultados positivos de 0,62 e 0,60 mg/l nas probas de alcoholemia. Do vehículo que conducía, un Seat Altea, fíxose cargo un condutor alternativo habilitado e en condicións normais para conducir.

- Ás 05.50 horas do 19 de marzo, tivo lugar un accidente sen feridos da clase saída de vía no interior do túnel da avenida Porto, cando un vehículo que circulaba en sentido praza das Atochas,  perdeu o control e chocou co muro do lateral dereito do túnel. O seu condutor, un home de 26 anos, arroxou un resultado positivo nas probas de alcoholemia, polo que se lle tramitaron dilixencias ao xulgado de garda. O vehículo, da marca e modelo Peugeot 206, foi retirado por un guindastre de asistencia, xa que polos danos sufridos, non podía circular polos seus medios.

- Ás 06.26 horas do 19 de marzo, unha dotación deu o alto a un condutor que cometera unha infracción de tráfico na rúa Sinfónica de Galicia, e practicoulle as probas de alcoholemia. O condutor, un home de 44 anos, arroxou uns resultados positivos (0,74 e 0,70 mg/l) nas probas, polo que se lle tramitaron dilixencias ao xulgado de guarda. O vehículo que conducía, un Mazda3, foi inmobilizado e trasladado ao depósito municipal.

- Ás 06.45 horas do 19 de marzo, unha dotación deu o alto a un condutor que cometera unha infracción de tráfico na rúa Severo Ochoa, e practicoulle as probas de alcoholemia. O condutor, un home de 34 anos, arroxou uns resultados positivos (0,94 e 0,98 mg/l) nas probas, polo que se lle tramitaron dilixencias ao xulgado de guarda. O vehículo que conducía, un Peugeot 106, foi inmobilizado e trasladado ao depósito municipal.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión